maxiak

Hai unha semana traizoei á miña cidade no delicado momento no que estreaba como anfitriona da Feira de Artes Dixitais Move, da que quedei coas ganas, as moitas ganas; traizoeina porque o domingo  conducimos o noso coche rumbo a Vigo, a cidade destartalada, a cidade sen lei, a cidade gabeadora. Carnívora. Clausurábase o Art FuturaSeguir lendo “maxiak”

calcetar un xersei para descalcetar a vida

Hoxe ás 19:00 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, 7 mulleres damos vida aos personaxes do Club da Calceta de Teatro do Morcego, aínda que no meu caso non dou vida exactamente, senón ultravida… O máis prodixioso de pertencer a unha compañía de teatro un pouco zíngara que percorre Galiza dende marzo e naSeguir lendo “calcetar un xersei para descalcetar a vida”

alguén que ande por aí sabería polaco?

Foi no 98, ou quizais no 99. Non foi por idolatría, cousa que odio por patética, senón por curiosidade. Curiosidade devota, si. Escribinlle unha carta a Wislawa Szymborska. Busquei unha tradutora polaca e reescribina toda. En polaco. Sentíame tan preto dela, desa octoxenaria, separadas polo grosor dunha ou dúas páxinas…  crinme investida de confianzas eSeguir lendo “alguén que ande por aí sabería polaco?”

o telón de ceros

Eu vin ceros e uns que vós non creriades. Hai cousas. Hai cousas que só acontecen en internet. E, de logo trascenderen, faranno manchadas de cibernética, manchadas deste grotesco e vasto curral que é a rede onde todos se buscan ás agachadas, tecooooleando o seu nome en google. Á súa esquerda, un vaso de algo.Seguir lendo “o telón de ceros”