Eu Steven Alí

Hai un tempo dedicara no meu fotolog unha entrada a Emma, Emma es Encantadora, un agasallo de nadal que me fixera un tipo encantador co que vivo [nun cesto de serpes]. Trini Tinturé ou Purita Campos eran aquelas debuxantas [podo dicir iso, señoríos?] que poboaron a nosa preadolescencia de preciosas preadolescentes, de pretextos, de precocidade.Seguir lendo “Eu Steven Alí”

pinte un bisonte na caverna, por favor V

A primeira cita do 2008 na caverna do Centro On de Caixa Galicia dentro deste ciclo veu da man [enzoufada] do Branda. Branda, así sen anestesia, é showman. El non o sabe ou importálle un corno. Chego á caverna do Centro On e el xa leva un bo pedazo estilo Popeye perante a pantalla engaiolando,Seguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor V”

casa de citas VII

a imaxe é de Zena Holloway Todo canto fai está mal. Pero está mal dun modo cheo de talento. Un mestre de Debussy. Falando de Debussy Escoiten a versión do célebre Clair de Lune [Luar] desta adorable nonaxenaria húngara entre flores, gafas de moita dioptría, vestido de seda lunar e mans hiperpigmentadas. E agora calculenSeguir lendo “casa de citas VII”