como titulo eu isto?

BeafTuyIQAAkVFu

Esfinxe, Libro de Horas Sforza [1490-1521]

ao animal, cun animal vivo entre as mans

Rondo durante días.
Non me dou achegado ao animal.

Sáiolle ao paso pola dereita.
Sáiolle ao paso pola esquerda.
Escápaseme por entre as pernas.

Deixa un código ou qué de feromona.
Un rastro como de marusía na neve.
Mexada territorial que me parte en dous as córneas
cun pezuño tenso fuxido dos furtivos.

Esquívame as frechas. Vomítame o veleno.
Nin se me enreda nas redes tendidas.
Non dá acougado na rama
á que pretendo soldalo dun tiro.

Non se me dá o animal así polas boas.
Canto para el e nada.
Tan chamánica como parecía,
e nin sei cómo brualo de volta.
Salvaríame a salvaxadas
ben o sabe.
E fai que non me sabe.

Fera. Fera minha senhor, fera.
Monstra. Minha senhor. Ailalá.

Hai animais tan feridos que até os aloumiños
lles saben a ofensa.

[Como o raposo que vimos en San Andrés
de Teixido,
onda a cruz do accidente de avión
no que morreu Ashley, o amor aquel
de Escarlata, lembrades? O paspanciño.
Polo visto fóra da pantalla
todo un heroe.
O zorro esmolaba lixo
achegábase a nós con orgullo.
A por un queixo vello.
E marchaba ás présas, tan raposeiro el
como se levase entre os cairos a mellor galiña,
unha de Mos, por exemplo.
Ofendido da nosa tenrura sapiens:
«quedai vós coas vosas puñeteiras
croquetas para cans»
podería dicir.
Oufano de seguir sendo esa lurpia
que me foxe, foxe, foxe]

Rondo durante eras e paleozoicos.
O instinto non se me deixa.

E eu, que fun animala
que cría selo até as gadoupas pintadas
véxote marchar coas sobras, alimaria,
minha senhor das bestas, meu que nada meu,
sen poder facer nada
nada máis que troupelearte seguido

tem

tem

triscarlle a iugular ao poema
ao algoritmo de que nada
queiras de min
á ciencia inexacta que explica o mundo
e me acouga -daquela maneira-
e darme ao texto dildo
á literatura vudú

que esa si
esa ben que se deixa

Estíbaliz…Espinosa, maio, 2014

Este poema NON forma parte de …Curiosidade…, vindeiro libro en preparación

2 thoughts on “como titulo eu isto?

  1. Chámelle ‘obxecto a’. Queda moi lacaniano e psicanalítico e todo iso. Ben para ler nun sitio de postureo con xente infectada de filisteíte.

  2. Felicidades. Te he nominado para un premio wordpress de bloggers: The Versalite Blogger Award. Yo no conocía estas cosas, ni soy tampoco muy entusiasta de esto, pero si contribuye para propagar y dar a conocer blogs interesantes, adelante. En este enlace puedes ver bien los pasos a seguir según la persona que me nominó a mi (yo ni papa…) http://javtt11.wordpress.com/2014/06/17/8-nuevos-premios-de-bloggers-para-enero11/ y en este otro, la entrada donde apareces nominado: http://prendasdelicadas.com/2014/06/18/primera-persona-del-singular/🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s