fondo

«No hay mejor tabla de salvación que la pluma»

Carmen Martín Gaite

Fondo de tinta

Tocar fondo.
Tamén o fondo pode ser radiante.

Non ter nada máis.
Máis nada que perder.
Perder as formas até o fondo.

E pedir, coma nun conto,
«que a tinta me leve».

Que este fondo en tebras
licúe entre os dedos
deveña tinta

nos alce por riba de todo
unha cousa tan antigravidade
que até faga rir

e colla no colo á miseria
e lle diga: «pero muller,
que non son horas»

pague as facturas delirantes da luz
rompa lanzas a favor da vida
a que se nos pica na boca
a vida que envexan que viva.

Que a tinta nos salve.
Que a tinta me leve.

Que nos neve a tinta, que nos neve.

Tamén o fondo pode ser radiante.
Tocar fondo
como forma
de retro
pro
pulsión.

 

Estíbaliz Espinosa, 2015

tumblr_nsmh43lbet1qz6f9yo3_1280

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s