Lía

Lía

Visitei un cárcere. Limos poemas ante presos que non entendían case ningunha das linguas nas que recitabamos. Talvez cantar Txoria txori en euskera e traducila a español? Algúns choraron sen entender. Unha funcionaria de prisións reprendeume ao terminar. Aplaudían agradecendo o pulmón en chamas da música, pero eran aplausos rotos, como enxoitos, aplausos que non collían nun aplauso.

P. díxome: «Fixeches ben en non levar escote. Fuches considerada con eles»

Lin ante audiencias universitarias, ante pensionistas, ante carros de bebé e científicas atómicas, en feiras internacionais do libro en Sudamérica e pequenos pubs vigueses, con pantallas e sen pantallas, en hoteis e corredores, en restaurantes e lagoas con ninfeas. Manglares e tundras. Labirintos de sebe. Aduanas. A Galitzia polaca. A Cymru que soa igual a Cambre.

Lin en grandes auditorios nos que unha voz sapiens volve onda e en praias desérticas nas que se volve partícula. Lin baixo estrelas de Planetario e baixo estrelas auténticas en São Pedro do Sul. Limos entre libros de biblioteca e ganchos de carniceiro, en manifestacións e claustros, baixo a neve e sobre lápidas, probetas, armaduras, zombies, casetas editoriais con moscas.

«Hai que ler. Hai que ler…» Ai, que leria!

Lin embarazada e sen fillos, lin con bigote e con compresa, puntual ou algo máis tarde, acertada ou inoportuna, da miña man saíndo un lique e un lobo atragantado, veño destes dedos que entran e saen como rías, poemas que serán algo máis tarde o que agora quixen que fosen.

Limos e nos deslimos, demos aire a linguas mortas, en gravidade cero e atravesadas de neutrinos, e era tanto necesario? Como cheguei a ese texto? Perdida entre unha x e a túa axila?

Lin e non sei se todo iso era necesario, non sei se escribir nesta era significa todo iso ou qué signfica todo iso se o escribo nesta era.

Estíbaliz…Espinosa, 2015

jennifer-hoshbin.jpg

«Prove it», by Jennifer Khoshbin, 2009

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s