Que cousa abraiante é un libro, Carl Sagan

Sigo coa teima de traducir [que teima tes, neniña] e coa teima dos vasos comunicantes entre ciencia e literatura. E sigo, claro, traducindo a Sagan. Feliz Día do Libro. Este fragmento pertence á serie [e ao libro] Cosmos. «Que cousa abraiante é un libro. Un obxecto plano feito a partir dunha árbore con partes flexiblesSeguir lendo “Que cousa abraiante é un libro, Carl Sagan”

«Cosmos, de Carl Sagan, non encaixa na nosa liña editorial»

Tal foi a resposta que me deron dende un dos grandes grupos editoriais en Galiza cando hai uns anos propuxen publicar en galego ese título do astrónomo e humanista Carl Sagan, de onde saíu a decisiva serie de televisión dos anos 80 do século XX. Daquela argumentara a proposta así: se queremos dispor dun corpus de clásicosSeguir lendo “«Cosmos, de Carl Sagan, non encaixa na nosa liña editorial»”

sobre o sentido da vida, Carl Sagan

Fragmento de Carl Sagan recollido no libro The Meaning of Life: reflections in Words and Pictures on Why We Are Here, de David Friend. via http://www.brainpickings.org. As negriñas son miñas. En verdade, eu titularíao O sentidiño da vida. De O sentido da vida: reflexións con palabras e imaxes sobre por que estamos aquí. Fragmentos de Carl Sagan tomadosSeguir lendo “sobre o sentido da vida, Carl Sagan”

moito máis Sagan en galego

«A verdade pode ser desconcertante. Pode que leve algo de traballo roela. Pode ser contraintuitiva. Pode contradicir prexuízos arraigados ben no fondo. Pode non encaixar co que desesperadamente queremos que sexa certo. Pero as nosas preferencias non determinan o que é certo. Temos un método e tal método axúdanos a acadar non a verdade absoluta, tan só aproximacións asintóticasSeguir lendo “moito máis Sagan en galego”

Sagan en galego {2}

A seguir, o principio do primeiro capítulo de Cosmos, de Carl Sagan, froito literario da serie de televisión dos anos 80. A primeira poesía que escoitei na vida foi esta, dobrada coa voz de José María del Río. Culpa non teño. Trad. a galego E…E. Río  CAPÍTULO 1 As beiras do océano cósmico Os primeiros homesSeguir lendo “Sagan en galego {2}”

Sagan en galego

Este é o comezo dunha das obras máis fascinantes da segunda metade do século no que case todos os que lean isto [hoxe] nacimos. Cosmos, de Carl Sagan, non está traducida ao galego. Non é novela, non é conto, non é ensaio nin poesía. Non é teatro, tampouco xornalismo, nin DOGA nin guía turística nin,Seguir lendo “Sagan en galego”

Artigo publicado en La Voz- 18/10/2016

  Non entres docilmente… nas portas do ceo   Lemos por aí —xa non sabe unha onde, tantas son as oportunidades de lectura que nos ofrece o universo enteiro— que, concedendo o Nobel a Dylan, a Academia Sueca quería provocar. Lemos por aí —se cadra nunha web ou no Twitter— que, se pretendía acortar a fendaSeguir lendo “Artigo publicado en La Voz- 18/10/2016”

Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia

Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia Artículo publicado originalmente en galego en el suplemento ProTexta de la revista Tempos Novos nº 213, febrero 2015 Un montón de cuestiones interesantes que el conocimiento científico suma a la emoción, el misterio y el asombro ante una flor Richard Feynman La ciencia es unoSeguir lendo “Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia”

Notas para a Sinfónica 25º aniversario: Bartók e planetas

A Orquesta Sinfónica de Galicia comezou a tempada do seu 25º aniversario ao grande: Béla Bartók falado e refalado, disertado e rifado por Frank Peter Zimmerman e mailo clásico dos Planetas, de Gustav Holst. Tiven a gran sorte de que me encargasen as notas deste programa  (non hai como obter retribución por facer algo que nos encanta) eSeguir lendo “Notas para a Sinfónica 25º aniversario: Bartók e planetas”

vermú estrelado con sopa morna

O xoves 11 de agosto ás 13:00, nunha sesión vermú n’A Escondida [Espasante, Ortigueira], lerei algúns textos e proxectarei algunhas constelacións falando do ceo de agosto neste lugar do mundo. Será un Vermú Estrelado adobiado coa Sopa Morna con Estrelas que preparará Marina Oural, nunha programación de Sesións así de solaina e copa que ela mesma artellaSeguir lendo “vermú estrelado con sopa morna”