O que diría Feynman ante un bo mencía

Fragmento de Charlas de Física, de Richard Feynman. Lin este anaco en Escrita no ceo,  no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, e dende entón lembro del -por moito que a derradeira frase convide a esquecer- en canto teño diante un vaso de viño. Estes fragmentos de Feynman que escollo para traducir atráenme porque, ademais deSeguir lendo “O que diría Feynman ante un bo mencía

lirismo tipo Feynman

Fragmento de Richard Feynman, do relatorio «O valor da ciencia» Orixinal en inglés, artigo completo Tradución de E…E… Río Pensei nestas cousas tantas veces estando só que agardo me desculpen se lles traio á cabeza pensamentos que con certeza todos vostedes tiveron algunha vez -ou xusto esta clase de pensamento- e que nunca puido ter ninguén noSeguir lendo “lirismo tipo Feynman”

oda a unha flor | Richard Feynman

Imos ver: Richard Feynman parecía un tipo simpático, un físico con riso de fauno tocando os bongós e se cadra tamén un pouco os collóns á comunidade científica universitaria, e un profesional serio no que concerne ás relacións a nivel subatómico, electrodinámica cuántica e os famosos diagramas de partículas aos que bautizou e aptos sóSeguir lendo “oda a unha flor | Richard Feynman”

Feynman sobre os poetas

Richard Feynman, o físico con rostro da máscara da comedia grega, o que explicaba enigmas da vida cun sorriso ou tocando os bongós en Brasil, o que sementaba pizarras en clases entusiastas e charlas que hoxe son mitos da física do século XX, o que tiña que estar sempre de broma e non, non oSeguir lendo “Feynman sobre os poetas”

Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia

Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia Artículo publicado originalmente en galego en el suplemento ProTexta de la revista Tempos Novos nº 213, febrero 2015 Un montón de cuestiones interesantes que el conocimiento científico suma a la emoción, el misterio y el asombro ante una flor Richard Feynman La ciencia es unoSeguir lendo “Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia”

A imaxinación do humano

Pasaron os meses dando vida, para ela. Unha «estranha forma de vida» que se dá como se dá coa palabra, con alguén pola rúa, cun obxecto que perdimos hai tempo e tempo había xa que non buscabamos. «A imaxinación da natureza é moito, pero moito máis grande ca do ser humano». Dicíao Feynman. A cienciaSeguir lendo “A imaxinación do humano”

Curiosidade, empatía e o cerebro común de literatura e ciencia

No suplemento ProTexta da revista Tempos Novos nº 213, a correspondente ao mes de febreiro, incluíron -ademais dunha fantástica entrevista a Gonzalo Hermo por «Celebración» entre outras cousiñas – un artigo que asinei e ao que titulara, inxenua de min, «Curiosidade, empatía e o cerebro común de literatura e ciencia». Digo inxenua porque o curioso campaba fóra do título: resultaSeguir lendo “Curiosidade, empatía e o cerebro común de literatura e ciencia”

placas de Petri con Joana

O pasado 10 de maio celebrouse no Parque de Santa Margarida da Coruña o XIX Día da Ciencia na Rúa, cada ano que pasa máis cheo de globos, nenos e música de coches de choque [por favor, por que?]. Asistira como paseanta a moitas das anteriores edicións, pero este ano participei tamén como colaboradora na haima do INIBIC [InstitutoSeguir lendo “placas de Petri con Joana”

baixo o único ceo que hoxe non vai chover

Escribindo sobre o ceo levamos moito tempo. Que se as Pléiades, que se Orión, que se o Setestrelo… A medida que se descubren obxectos e teorías ímolas incorporando á literatura: contos de relacións de parella que de súpeto falan de púlsares, poemas sobre a materia escura, expresións como Big Bang por doquier. Para o recital «…escrita noSeguir lendo “baixo o único ceo que hoxe non vai chover”

|bio e contacto|

Estíbaliz Espinosa Río GAL | Bio curta: Coruñesa. Da constelación ciencia-literatura-música-nai. Mezzosoprano. Bio longa. Autora. Con 7 volumes individuais de poesía, publico tamén relato curto e ensaio baixo a lente dunha cultura única:  as humanidades + a ciencia, a cultura científica a través de formas como a science poetry, ou a non-ficción poética.  Interésame a constelación que debuxan literatura, ciencia, música eSeguir lendo “|bio e contacto|”