traballos diurnos dos poetas [ianquis]

O meu primeiro contrato na vida foi como actriz nunha obra de teatro. Traballei tamén en telepizza, como enquisadora, como redactora e xornalista única nunha revista infame na que pasaba de entrevistar a Manquiña a inventarme o horóscopo ou falar das fogueiras de San Xoán, como recitadora do conxuro da Queimada, como contacontos, como becariaSeguir lendo “traballos diurnos dos poetas [ianquis]”

|bio e contacto|

Estíbaliz Espinosa Río GAL | Bio curta: Coruñesa. Da constelación ciencia-literatura-música-nai. Mezzosoprano. Bio longa. Autora. Con 7 volumes individuais de poesía, publico tamén relato curto e ensaio baixo a lente dunha cultura única:  as humanidades + a ciencia, a cultura científica a través de formas como a science poetry, ou a non-ficción poética.  Interésame a constelación que debuxan literatura, ciencia, música eSeguir lendo “|bio e contacto|”

música reptiliana

Dende a revista dixital Sono-Tone pedíronme unha lista. Os 10 temas da miña vida. [inclúo o artigo xa que o link da revista desapareceu: Resúltame claustrofóbico elixir 10 temas. Daí que, deslizados nos comentarios, vaian moitos máis. E agora que vexo o decálogo rematado e comprobo que non puxen nada dos Beatles nin dos CureSeguir lendo “música reptiliana”

|traducións|

[1] Textos da autora noutras linguas [2] Traducións da autora [1] Textos da autora noutras linguas { tecéndose no tear. Axiña aquí} [2] Traducións da autora Todas as traducións de poemas, relatos e divulgación científica -dende inglés, francés, portugués, catalán e castelán ao galego- que fun pendurando na web dende 2008 fican agrupadas baixo a etiqueta traducións e dispoñibles pinchando aquí. Algunhas máisSeguir lendo “|traducións|”

abismo mondariz

A vostedes non lles importa que eu o chame así. Acabo de inventalo. O efecto da imaxe que encabeza este post. Recibe outras moitas denominacións. «Abismo Mondariz» non, dende logo. Entre os nomes deste efecto de perspectiva: o máis coñecido é Droste effect [vía microsiervos poden acceder a lúcidos e redundantes exemplos]. Un termo alemán queSeguir lendo “abismo mondariz”

Lista de cousas embarazosas

  1.- Perder algo que non é teu. Sobre todo, o tempo   2.- Vendo vellas fotos cun ou cunha amante, parella, arreconchegado… cáese unha da Primeira Comuñón 3.- Atopas alguén na rúa que te chama con confianza polo teu nome. Ti expremes os miolos: Diana, Vanessa, Ulpiana, Rafaela… cómo coño…? Rematou a conversa. SóSeguir lendo “Lista de cousas embarazosas”

ecuacións binomiais

Gústame máis a voz de Ella Fitzgerald que a de Billie Holiday. [oh, amantes do jazz, chasqueade a lingua] Gústame máis a vida privada de Billie Holiday que a vida privada de Ella Fitzgerald Gústame máis quedarme atrás que chegar primeiro Gústame máis publicar aquí que en edición impresa Isto ten algo de sexo inesperado.Seguir lendo “ecuacións binomiais”