ya el abrigo

Na estación de autobuses alguén me regala este libro. Un libro novo. Un libro do trinque. Un libro de Ediciones del Viento, garantía de papel avainillado, garantía de letra chusca, garantía de bo contido… [Arelo publicar en Ediciones del Viento? Pois claro, como toda filla do aire coruñés]. Quen mo agasalla só me di: Está moi ben. Tan pronto o di, desaparece.

Podía ser de noite e podiamos ir tocados con borsalinos e pequenos revólveres-xoia na faltriqueira. Non. O sol esquiva a néboa e nos dá. Nos petos só levamos as mans na súa infinita nada.

Regreso lendo. Dáme o sol no bus. Paso as follas. Vou de pe no bus. Coñezo ao autor hai tempo. É Tim Behrens, aínda que asina como T. Behrens. É pintor. Vin cadros seus nunha sala de exposicións da cidade. Topeime con el hai pouco no Borrazás, el co seu aire de Nicholas Ray. É amigo de Ducid e é grazas a Ducid que este libro existe, ademais de grazas ao propio T. Behrens en si e ao editor en si. Pablo pintara un retrato del, de Tim, co seu parche e un simpático pucho de la.

A prosa resoa con limpeza contundente. Boa. Miro o nome do tradutor. Roger Wolfe.

Poniéndose ya el abrigo. Título.

Na capa, fotos setenteiras, coches, praias, un raparigo rubio conducindo. Behrens, sen dúbida.

Na folla co número 139 hai algo. Entre a última páxina dun capítulo titulado Los expatriados -no que suliño mentalmente isto: És fácil ser intuitivo la primera vez que ves a una persona– e a primeira páxina dun capítulo titulado 1974 -o ano do meu nacemento-, alguén esqueceu unha fotografía. Na fotografía aparecen o propio Behrens e outra persoa. Ao dorso alguén escribíu algo. Non se trata dunha foto orixinal senón dunha copia en papel.

Entendo que debo ler ese capítulo e que non estou dentro dunha fastidiosa novela de Paul Auster e que, por tanto, o que lea nel non significa nada.

Leo o capítulo titulado 1974.

É bo.

É como unha paréntese. Unha paréntese celeste. Behnrens pide desculpas polas parénteses.

Logo, leo os demais. Xa na casa. Tamén.

Tamén son bos.

Moi.

5 pensamentos sobre “ya el abrigo

  1. Estíbaliz, presentamos el libro el miércoles 16 a las 20 horas en el Kiosko Alfonso de A Coruña con la participación de Luis Ventoso (director adjunto de La Voz de Galicia y director del suplemento Culturas), José Ramón López Calvo (arquitecto y galerista), el propio Tim Behrens y yo.
    Un abrazo,
    Eduardo Riestra
    Editor de Ediciones del Viento

  2. góstanme os liberadores de libros, en estacións ou mercados, sen esperar case as grazas, unha fermosa maneira de contacto. Eu non tiven a sorte de ser receptor pero intentarei ser liberador de poemas a unha portadora de gafas ou a un emisora de melodías.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: