Curiosidade. Poemas

Tras varios anos sen publicar un libro de poesía individual en galego, acaba de saír na flamante Aira Editorial «Curiosidade», unha reivindicación do osíxeno da ciencia e da poesía como parte da nosa maneira de estar no mundo, dar coa lingua e coa palabra, abrazar o estraño, curiosear no que somos nós e no que NONSeguir lendo “Curiosidade. Poemas”

encaixar nun premio

Hai quen ten unha opinión sobre case todo. Ou finxe tela. Aínda busco e non dei achado unha opinión contundente sobre certas cousas. Entre elas, o Nobel de Literatura do 2016. Lin de todo sobre el, iso si. Así que como instigador á lectura, serviu. Mesmo pedíronme un artigo para La Voz de Galicia sobre oSeguir lendo “encaixar nun premio”

7 poemas de Petar Matović

No mes de abril de 2015 en Mallorca, no marco do XVII Festival de Poesia de La Mediterrània coordinado polo gran Biel Mesquida, ía coñecer a un dos poetas máis singulares e fabulosos cos que fun dar na Terra. Petar Matović (Požega, Serbia, 1978) é un poeta-sequoia, un verso de dous metros de altura, cheo de talento,Seguir lendo “7 poemas de Petar Matović”

Questionário fou (cinha) para A Sega

Dende a web de crítica literaria A Sega enviáronme un Questionário fou(cinha) para este verán: un monllo de preguntas que daban para moita volta e viravolta, para sacho e fouce e daga nepalí, sobre feminismo, literatura e meteduras no ollo da cuestión de xénero e eido cultural. Velaquí o que me deu a cabeciña neste estío curioso no que teñoSeguir lendo “Questionário fou (cinha) para A Sega”

música na ecuación da turbulencia

O pasado mes de decembro celebrouse o concorrido concerto de Nadal de Gas Natural Fenosa, coa OSG interpretando un programa máis clásico imposible: Mozart, Wagner e Strauss. Con todas as súas turbulencias saíndoselles da ecuación. De seguido penduro as notas que escribín para a ocasión. Notas que, debo dicir, terían sido máis redondas se meSeguir lendo “música na ecuación da turbulencia”

dez anos en órbita

Este ano 2015 esta web cumpríu 10 anos. Grazas a todos e a todas as que lestes, curioseastes, comentastes, doastes,  trolleastes e mmmm por ela ao longo desta década. Case 130.000 visitas e máis de 10.000 lectoras e lectores [iso di wordpress, igual unha plataforma optimista]. Grazas a todxs xs que confiades tamén na pantallaSeguir lendo “dez anos en órbita”

microrrelato en tren

:: 23 cromosomas de cercanías :: Durante os dous anos de tratamento, o tren foi o nervio central que te conectaba ao laboratorio onde hibernaban os embrións. Un rexional pola mañá, varias veces ao mes, rumbo ao ecógrafo onde se observaban -ou non – os ovocitos, drogados no seu reino de hormonas, e decidíase aSeguir lendo “microrrelato en tren”

poemas franceses na voz de Natalie Dessay

A pasada primavera, a soprano gala Natalie Dessay ofreceu unha Gala Lírica como liederista no Palacio da Ópera da Coruña. Pedíronme a tradución a castelán dos poemas franceses que ía interpretar -musicados por Duparc, Poulenc, Fauré e Debussy-. Escoitádea un cachiño. A súa voz é fibra de carbono que leva dereita á estratosfera. Máis traducións aquí. E notasSeguir lendo “poemas franceses na voz de Natalie Dessay”

nanolecturas de verán: abellas, poesía, clonación, Lewis Thomas

☢ La palabra Hiroshima es el insomnio puro Félix Grande Hoxe van 70 anos de Hiroshima. Durante este tempo non se nos bombardeou coa idea de que houbese unha responsabilidade humana, drástica e decisiva, detrás da maior hecatombe nuclear da historia. Ninguén pareceu sentir moi culpable por ter arrasado un par de cidades, agás o sonado caso do capitánSeguir lendo “nanolecturas de verán: abellas, poesía, clonación, Lewis Thomas”