Levo un tempo coas cervicais algo inclinadas sobre a poesía de Rafael Cadenas, un poeta venezolano do século XX, vivo, quizais dos máis sublimes -creo que é venerable a palabra cando un xa rebasa os 75 en meridiana lucidez- en lingua española procedentes dese país ao que xa adoro sen remedio, un país no que todo semella de excepción e que é, como apuntou Ana Nuño, “muy por el contrario de lo que nos enseña la geografía, una isla.”
Haberá máis.
Disxuntiva
A natureza da poesía
é inintencionada.
Goran Palm
Eu quería escribir
un poema,
logo tiven a intención
de non ter intención
e o poema ficou alí
detido,
atrapado,
carbonizado entre a faísca
das dúas intencións
e aquí
o deixo.
Tradución a galego de Estíbaliz Espinosa
