Hai dous anos o XVIIº Festival de Poesía de la Mediterrània púxome en bandexa non só a figura prismática de Ramón Llull –a quen estivo dedicado ese ano– senón tamén a poética de varias voces vencelladas por ese Mar común. Na illa portento de Mallorca. E baixo o chamado irresistible e o carisma de BielSeguir lendo “un poema de Mohamed Ahmed Bennis”
Arquivo de categoría:traducións
Loving stars
A estrea inminente da película Loving Vincent e este gif cautivador fixéronme lembrar un estupendo artigo do astrónomo John C. Barentine que traducira a galego hai un ano para a Agrupación Astronómica Ío. No texto, un dos ceos nocturnos de van Gogh, entre outras pezas de arte occidental, serve para dar conta de algo queSeguir lendo “Loving stars”
de illas curiosas e traducións: San Simón
Estes días celébrase o Festival Sinsal en San Simón, unha illa do concello de Redondela, na estroboscópica ría de Vigo: lugar con enigma, por pouco inaccesible. Un paraíso singular, como o é ese festival musical que acolle: cun cartaz de músicos descoñecido até polos propios asistentes, xusto ata chegaren alí. Esa illa curiosa, denominada oficialmenteSeguir lendo “de illas curiosas e traducións: San Simón”
7 poemas de Petar Matović
No mes de abril de 2015 en Mallorca, no marco do XVII Festival de Poesia de La Mediterrània coordinado polo gran Biel Mesquida, ía coñecer a un dos poetas máis singulares e fabulosos cos que fun dar na Terra. Petar Matović (Požega, Serbia, 1978) é un poeta-sequoia, un verso de dous metros de altura, cheo de talento,Seguir lendo “7 poemas de Petar Matović”
Coñecer o escuro, de Wendell Berry
Martin Pawley, compañeiro da Agrupación Astronómica Ío, envioume un poema ao correo por ver se o traducía. Non coñecía a Wendell Berry, prolífico autor de novelas, contos e ensaios, ademais do poemario Farming: a handbook (Agricultura: un manual ou O agro: un manual) que, presumo, non está traducido nin ao castelán nin ao galego, e do queSeguir lendo “Coñecer o escuro, de Wendell Berry”
7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno
Velaquí o comezo da tradución doutro artigo da web da International Dark-Sky Association. Podes ler o artigo completo na web de Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. E seguir o fío doutros artigos similares descargándoos en pdf dende aquí. 7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno Tradución de Estíbaliz Espinosa do artigo 7 pieces of Art inspired by theSeguir lendo “7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno”
Alice Oswald- Varios Portentos
Veño de descubrir a voz de Alice Oswald, unha das máis recoñecidas da poesía británica actual, célebre por unha peculiar versión lírica da Ilíada centrada nos seus personaxes secundarios, marxinais e esquecidos ( o libro titúlase Memorial). Ou un libro dedicado a un río e á comunidade ao seu redor (Dart). Calquera que me coñeza unSeguir lendo “Alice Oswald- Varios Portentos”
Tres criaturas sorprendentes afectadas pola contaminación lumínica
Un novo artigo da International Dark Sky Association (IDA), publicado na súa web o 30 de xuño de 2016, e que traducín a galego para a web da Agrupación Astronómica Ío, onde poderás lelo ao completo. O artigo liga a varios estudos que corroboran tales afirmacións sobre a relación entre a contaminación luminosa e os patróns vitais deSeguir lendo “Tres criaturas sorprendentes afectadas pola contaminación lumínica”
Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite
Estes días traducín un texto da IDA (International Dark Sky Association) para a Agrupación Astronómica Ío, grazas á mediación de Martin Pawley e o seu interese e compromiso por reducir no posible o impacto medioambiental da contaminación luminosa nas nosas cidades. Deseguido, un cachiño dese artigo, Eyes in the Sky: Exploring global light pollution with satelliteSeguir lendo “Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite”
traducións a xaponés
No último obradoiro de poesía da illa de San Simón, guiado por Yolanda Castaño – e do que saberemos máis en breve- o poeta xaponés Yasuhiro Yotsumoto, con quen compartira o Poetas (Din)versos do ano 2012, traduciu varios poemas meus [en tanto que eu facía o mesmo cunha manchea dos seus]. As traducións neste obradoiroSeguir lendo “traducións a xaponés”