|voz|

Traballo coa voz, como soprano, mezzo e tamén cantando jazz e outros estilos. Algúns proxectos nos que participei, acompañada de músicos: http://estibalizespinosa.bandcamp.com/

Poño música tamén en vodas civís e relixiosas: https://musicabodasgalicia.bandcamp.com/

Cantei durante varios anos no Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia e en óperas do Festival Mozart. Alí coñecín a moitos compañeiros e colaborei noutros proxectos a capella: https://cuartetoacapella.bandcamp.com/ 

como no antigo octeto vogal Aisis: https://www.youtube.com/watch?v=TDtn3puUDWg

Como letrista: no ano 2008 o grupo de pop galego Fanny+Alexander convidoume, xunta outros escritores galegos, a poñer unha letra para un dos temas do seu disco Alfaias.  Escribín «toda esa enerxía escura» e o tema interestelar e axeitadísimo que compuxeron -coido que a letra non o puña fácil, non adrede, claro- podedes escoitalo aquí, coa colaboración de Martin Wu. 

Tamén escribín a letra Igual que na propia casa, para a cantante de jazz Carmen Rey no seu disco Fuera.

E o músico coruñés Nacho Mora incluíu un poema meu do poemario Pan [libro de ler e desler] no seu disco Entre as zocas e os lóstregos.

Aquí hai algúns podcasts con imaxes, por exemplo este coa colaboración de Pablo Gallo ou este para o programa de radio Sillón Voltairedo Círculo de Bellas Artes de Madrid.

E aquí A Xusticia pola Mande Rosalía de Castro, en Vimeo e en Youtube, na versión que dirixiu Sandra G. Rey

Canda o pintor Branda, aparezo no tráiler do documental [fake] Como liar un cigarrillo, de Pablo Gallo.

Colaborei un chisco poñendo voz a un poema de Bertolt Brecht no minidocumental de Sandra García Rey e Xosé Abad sobre Galegos en Mauthausen

Na homenaxe a Lois Pereiro levada a cabo pola asociación Lucerna no Monte Xalo en 2011, Bocixa gravou este curioso vídeo colectivo con todos os que asistimos:

Colaborei poñendo voz en off a estes vídeos:

la inmiscusión terrupta https://www.youtube.com/watch?v=FosGg8TYsuU  de Sandra G. Rey sobre un texto en glíglico de Julio Cortázar, de Último Round.

reinventemos o futuro. maribolheras precárias https://www.youtube.com/watch?v=CMHdp_Rf05o

E cometín algúns vídeos perralleiros para textos propios pendurados aquí: https://www.youtube.com/user/estibalizespinosa

A bela di home de si

A %d blogueros les gusta esto: