| libros |

✍ Poemas soltos

Textos que ás veces forman parte dalgún libro e outras fican esquecidos ou orfos. Agrúpanse na categoría literatura: esmelga de textos propios.

✍ Libros de poemas

☞...as neuronas irmás… [Arte de Trobar, 2018, XV Premio de poesía Afundación-Pen Galicia]

curiosidade [Aira Ed., 2017]

☞ papel a punto de  [El Gaviero Ed. ,2011] [descargable na versión galega]

☞  Zoommm.Textos biónicos  [A Regueifa Plataforma, 2007/ Eds.Xerais, 2009]

☞ Número e [Espiral Maior, 2001]

☞ -orama [Deputación de Pontevedra, col. Tambo, 2002]

☞ Pan (libro de ler e desler) [col. Esquío, 2000]

Mecánica Zeleste [Certame Francisco Añón, 1998]. 

✍ Libros de relatos

☞ Cápsulas de soN [2015](guións dun programa de radio sobre Mulleres e biomedicina)

Por que publico aquí libros que están ou poderían estar en papel? Non quero gañar cartos e prestixio e amor infinito?

Publicar en internet ao principio representou para min saír da famosa «zona de confort» da publicación [canles preestablecidas, gurús recoñecibles, medios de comunicación sine qua non…] e aventurarme na zona enigmática das posibilidades, se é que existe. Non medrei dixitalizada senón coa cabeza completamente orbitando na Galaxia Gutenberg así que, como para moitos coma min, supuxo a aprendizaxe de algo totalmente novo e en soidade.

Mais co tempo, publicar en internet tamén obedeceu a outras teimas: ademais de supór unha saída [xunta a aposta por editorias pequenas e independentes que mimen o libro como obxecto de luxo] á evidente deturpación no mundo do libro impreso -dende os premios amañados até as mafias mediáticas e editoriais [quizais en menor escala na esfera do libro galego, mais rastrexable tamén]- a publicación en rede ten algo de laboratorio e de alternativa ecolóxica cando un libro aínda está facéndose un lugar no mundo. Bah, toda actitude de autoridade moral ten moito de insidioso, mellor non sigo por aí.

Para min un pdf ou un epub non veñen substituír nada, mais si redimensionar e complementar unha sobredose de papel non sempre consecuente nin honesta coas necesidades lectoras dos homo sapiens sobre este planeta. Os libros non son máis que dispositivos, se cadra dos primeiros de todos. Non é tanto cambio, se o pensamos ben.

Paréceme ben gañar cartos co que escribo sempre que sexa útil ou significativo para os demais a posteriori. Creo na cultura libre neste limbo tecnolóxico no que non sabemos moi ben como xestionar os contidos en internet, mais creo tamén nos micromecenados, na xestión pública [con matices] e outras propostas que poden facer que os que optamos por escribir en internet ademais de en papel tamén xeremos, ademais de contidos, beneficios. Por iso ofrezo a posibilidade de que, se descargas un libro para a súa lectura, utilización en aula, etc. consideres contribuír ao traballo de creación e edición dixital que hai detrás, e que implica non só o libro en si senón esta mesma web.  A través de Paypal podes facelo aquí, de xeito moi sinxelo: https://estibalizespinosa.com/micromecenado/

Polo de pronto, aquí podes descargarche estes libros de poemas, todos coa súa dobre personalidade en papel apta para primates nostálxicos e para eses bichiños que papean papel, os tisanuros:

 papel a punto de  [2011]  para amantes do papel e as edicións de luxo, editado por El Gaviero Ediciones, núm. 11 da colección Salamandria.  Actualmente, pódense adquirir exemplares poñéndose en contacto cmigo en stevealice@gmail.com

  Zoommm.Textos biónicos  [2007] para nostálxicos do papel en Edicións Xerais, núm. 23 da colección de Poesía.

Número e [2001] pode adquirirse aquí

-orama [2002] esgotado

Pan (libro de ler e desler) [2000] esgotado

Mecánica Zeleste [1998] non se atopa

✍ Outras coleccións de poemas

☞   formigas nos pantalóns A 4 mans con Samuel L. París ao longo do 2013 e dentro do seu ciclo de poemarios semanais http://pararaparis.wordpress.com/

❆❇ ❈ ❅ ❆❇ ❈ ❄ ❆❇ ❈ ❅ ❄❇ ❈ ❅ ❄ ❆

 

Polo de pronto, pódese atopar algo máis por aquí:

1.- Biblioteca Virtual Galega

2.- Centro de Documentación da AELG

3.- documentos publicados en issuu.com

4.- Kaleidoscopia : escolma da Asociación de Escritores de Asturias a cargo de Javier Lasheras

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: