abismo luminoso

Todos somos criaturas abisais :: Non é a nosa a presión dunha masa de auga :: senón a dunha masa viva de seres

En ocasións o abismo torna luminoso :: ascendemos á superficie :: bioluminiscencia :: cremos no noso corpo e na súa :: forma orixinal

Redonda :: un peixe lúa :: un globo inflado :: un sol de helio :: sen crocaduras

Ese eu despresurizado :: tan ficticio :: que tanta falta fai :: na novela colectiva do devirmos:: vivos

imboden04
by Connie Imboden

Deixar un comentario