☞papel a punto de, 2011

☢ ☣ ☄ ❂ ♆ ❊ ❆❇ ❈ ❅ ❄ ❆❇ ❈ ❂ ☣ ❅ ❄ ☢ ☄ ❆❇ ❈ ❊ ❅ ❄ ❆❇ ❈ ❅

☞ papel a punto de. PDF do poemario orixinal en galego. 2003-2011.

Grazas por descargalo e grazas se 

☞ Así mesmo, para amantes das edicións fetiche, coidadísimas e en papel, publicouse en castelán en El Gaviero Ediciones, no ano 2011, dentro da colección Salamandria. Podes adquirilo poñéndote en contacto comigo en stevealice@gmail.com ou ben en Harpo Libros.

papel a punto-olivetti-allen

Creo que para este volume partín da curiosidade e da obsesión como sentimentos primordiais.

Dividín o libro en 3 materias: unha especie de astrofísica literaria que fetichiza tinta, palabra e papel [materia escura] unha segunda que pon o foco na simbiose entre sapiens e cidades [materia gris] e unha terceira coa intimidade e as bases datos baixo o cranio [fluído rosa].

Temas transversais como a absurda posteridade da escrita, a lingua ou o devezo tanto polo natural como polo artificial [e ilusionista] atravésano.

Agradezo \infty a El Gaviero Ediciones e a Ana Santos e Pedro Miguel a confianza que sempre tiveron no que escribo, dende os tempos daquela revista mutante e trans [«Salamandria»]. Grazas á súa lectura intelixente e ao seu bo facer, este libro coñeceu unha edición e un deseño de luxo na súa tradución a castelán,  a única publicada no vello e eterno formato do papel.

Agradezo moitísimo a Thomas Allen a marabillosa book-sculpture pulp cedida para a capa [Drawstring] e a Pablo Gallo o tenro e inquietante debuxo de PJ Harvey con paxaro no interior do libro.

A todos e todas as que credes que o papel, esa mutación da galaxia Andrómeda e da nosa man, está sempre a punto de.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: