☞papel a punto de, 2011

☢ ☣ ☄ ❂ ♆ ❊ ❆❇ ❈ ❅ ❄ ❆❇ ❈ ❂ ☣ ❅ ❄ ☢ ☄ ❆❇ ❈ ❊ ❅ ❄ ❆❇ ❈ ❅

☞ papel a punto de. PDF do poemario orixinal en galego. 2003-2011.

Grazas por descargalo e grazas se 

☞ Así mesmo, para amantes das edicións de luxo, publicouse en papel en castelán en El Gaviero Ediciones, no ano 2011, dentro da colección Salamandria. Podes adquirilo poñéndote en contacto comigo en stevealice@gmail.com ou ben nas librarías Azeta (A Coruña)) Pedreira (Santiago de Compostela) ou Linda Rama (A Coruña, Porta de Aires) Prezo: 12€

papel a punto-olivetti-allen

Creo que para este volume partín da curiosidade e da obsesión como sentimentos primordiais.

Dividín o libro en 3 materias: unha especie de astrofísica literaria que fetichiza tinta, palabra e papel [materia escura] unha segunda que pon o foco na simbiose entre sapiens e cidades [materia gris] e unha terceira coa intimidade e as bases datos baixo o cranio [fluído rosa].

Temas transversais como a absurda posteridade da escrita, a lingua ou o devezo tanto polo natural como polo artificial [e ilusionista] atravésano.

Agradezo \infty a El Gaviero Ediciones e a Ana Santos e Pedro Miguel a confianza que sempre tiveron no que escribo, dende os tempos daquela revista mutante e trans [«Salamandria»]. Grazas á súa lectura intelixente e ao seu bo facer, este libro coñeceu unha edición e un deseño de luxo na súa tradución a castelán,  a única publicada no vello e eterno formato do papel.

Agradezo moitísimo a Thomas Allen a marabillosa book-sculpture pulp cedida para a capa [Drawstring] e a Pablo Gallo o tenro e inquietante debuxo de PJ Harvey con paxaro no interior do libro.

A todos e todas as que credes que o papel, esa mutación da galaxia Andrómeda e da nosa man, está sempre a punto de.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s