☞ zoommm. textos biónicos, 2007

❇ ❈ ❅ ❄ ❆❇ ❈ ❅ ❄ ❆❇ ❈ ❅ ❄ ❆❇ ❈ ❅ ❄ ❆❇ ❈ ❅ ❄ ❆

☞  Zoommm.Textos biónicos [pdf]. Publícoo tal e como foi pendurado no netlabel A Regueifa Plataforma, en 2007 [actualmente desactivado]. Edicións Xerais publicouno en papel no 2009 e pode adquirirse premendo aquí.

Velaquí a edición en PDF de 2007. Grazas por descargalo e grazas por  :

CapaZoommm

Neste conxunto tratei a interpolación de textos «neutrais», informativos ou enciclo/wikipédicos que atravesan e samplean os poemas. Foi tamén a miña versión persoal do monstro e a Criatura.

 

Os textos biónicos aluden a esa peculiaridade de imitación da vida que posúe a literatura, como se os textos poidesen funcionar a xeito de partes do noso corpo, do noso cerebro, das nosas entrañas.

 

O zoom é un movemento ao que estamos afacéndonos, do tan lonxe ao tan preto. Cremos ver unha conexión entre o máis grande e o máis pequeno, o abismo e o cuántico, a Terra e os individuos que a habitan.

 

En trazos xerais, considereino un poemario vital, que sacha na nosa obsesión pola vida e pola súa imitación dende a tecnoloxía.

 

Agradezo a Elba Fernández [«Pequena Suricata» aka Jane Joyd] o agasallo da prodixiosa fotografía que dá motivo á capa e a Noel Feáns [A Regueifa Plataforma] o seu acubillo entusiasta no que foi esta primeira incursión na publicación online.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: