A illa curiosa e a tradución do universo

En outubro de 2015 celebrouse un Encontro Internacional de poetas e tradutoras na illa de San Simón, o IV obradoiro celebrado alí ao longo dunha semana de compartir textos alleos e verquelos nas nosas linguas nativas, co inglés como lingua vehicular.

Fun a poeta e tradutora galega convidada.

Froito dese traballo é A illa curiosa e a tradución do universo, Cíes, 2016, libro que colleita 7 linguas: catalán, inglés-iraní, hebreo, macedonio, xaponés, castelán e galego, nas voces de 6 poetas, canda un limiar que trata de dar conta dese proceso que é ir e vir de costa a costa dun idioma, ese «como soa mellor na miña lingua?», que é a tradución. Nunha illa case mítica con forma de neurona, feita para a memoria e a inventiva. Tratando de traducir microcosmos doutros lugares do mundo.

 

«Todo se nos parece a un Texto e iso require as súas versións. Futurxs astronautas, farán falla poetas e tradutorxs no espazo!»

Estíbaliz Espinosa

Aquí podes ler o limiar completo e ver algunhas imaxes dese obradoiro.

151015.jpg

A %d blogueros les gusta esto: