Libro de poemas en galego. O número e é un número irracional da matemática presente na natureza e no crecemento, relacionado coa noción de límite e de series infinitas. Poemas abstractos como a propia matemática conviven con outros de temática amorosa, de metapoesía, sobre a identidade do «eu» convertido nun «nosoutras» e mesturado con citas de libros inventados.
número e (Espiral Maior, 2003. Premio Espiral Maior, 2001)
