lanzará nenas ao río, como a do doutor Frankenstein?
tal vez
será tan distantemente humana coma Olimpia?
vivirá no ventre dunha balea, coma Pinoccio?
ou en ti, como un Alien?
como un cosmos diminuto e só que procura implacablemente sinais de vida
como a cosmética do cosmos, pintarme para un circo cun só espectador e un tigre só
devorar antes de ser devorado: principio esencial dos depredadores
as estrelas depredan
depredemos
© foto de Pequeña Esquimal
bienvenida criatura!
A criatura xa existia. E diria, ademáis que foi un parto fácil… ou non? de calquera xeito a min tamñen me gustaria aportar un tema para a banda sonora deste ser: SI TUN’ÈTAIS PAS LÀ. De P. Bayle e G. Claret.
Benvida.
Si, Peli, a criatura existe dende hai moito. E hai moitas. Ti terás a túa, seguro. Gracias pola aportación sonora: intentarei baixala do soulseek (pirateando aquí, sen remorsos) 😉