Neve (II)



Post que dedico a unha María de Liége, que viu nevar, e a unha Elena de Córdoba, que non viu nevar, pero si a neve e as fotos da neve e á xente falando de cómo e qué bonita e plácida e fotoxénica estaba a neve…

Neva.

Se un texto calquera ou unha película calquera comezan así, a min xa me cautivaron. Un xeito moi xaponés de ordenar o mundo: facelo nevar.

De ordenar os textos: cubrilos de neve.

Un xeito fermoso de morrer ou matar: na neve.

O frío ten un encanto primixenio, de penúltima glaciación. A conxelación é un fermoso e letal estado da materia. Quizais porque derreten os glaciares, porque sobe a temperatura da terra, porque exhalar un bafo visible seduce. O frío será un valor no futuro. Un ben escaso, como a delgadez hoxe en día nos países opulentos. Como a auga nos desertos árabes. Como a vida nos mundos inertes.

Os cristais de neve pousan sobre pestanas mecánicas. Clic. Clic.
Parpadexan. As folerpas seguen aí.

A neve é un drama sen ningún tipo de diálogo. Unha traxedia na que non se berra. Ten a temperanza dos acuarios, a rotundidade das guillotinas, o silencio dos sistemas solares…

Eu quería que este inverno nevase. Por moitas razóns. Pero a principal…porque quería que este inverno nevase. Aquí. Quería pousar o meu ventre sobre a neve, como unha redonda osa polar. Criohibernar. Quería hibernar. Quería invernar. E quería hinbernar.

A neve facilita certos ritos. Certas comunicacións segredas. Certas paisaxes excesivas.
E cae do ceo. Alguén axita este puebliño metido nunha semiesfera de cristal e sucede.

Lista de cousas que os humanos encontrarán na neve

Marfín de mamut
Un buraco no medio dun lago xeado no que estivo pescando un esquimó
O coitelo do esquimó
Pingas de sangue
Aos protagonistas do conto de Nadal, de Dickens
A Robert Walser, que se matou na neve
A Eduardo Manostijeras
Tres corvos
A unha doncela moi fermosa comendo dunha mazá enveleñada
A algún protagonista dun conto ruso, de nome Iván
A algunha protagonista dun conto chinés, de nome Li
Pegadas de cromagnóns
Tigres siberianos
Hamlet, sen Ofelia
Nenos
Homes no cerco de Stalingrado
Un boneco cunha cenoura de nariz
Unha luva sen o seu par, perdida
Unha bota sen o seu par, perdida
Un meteorito calcinado
Moedas que afunden, afunden, xa non se ven
Un haiku que empeza: “Neva”
Alguén que esvara e cae
Unha raíña destronada
Camelias brancas
Un charco de sangue
Un animal ferido
Unha Alhambra
Roupa interior Victoria’s Secret
Esquíes formando unha X
Instrumentos bondage sadomaso
Ríos de lava
Pedras de basalto
Unha máquina quitaneves semisoterrada

A ushanka ucraína en pel de coello que perdín onte
Pegadas de alguén que camiñou cara atrás
durante un pedazo…
e logo
outra vez
outra vez
Neve

Datos de interese: Non neva

BSO: Pyramid song, Radiohead. Non fala de snow nin nada diso, pero a min Thom Yorke sempre me deu a sensación de estar cantando dentro dun arcón conxelador

©estíbaliz…espinosa

16 pensamentos sobre “Neve (II)

  1. No vi nevar, no, pero con tu poema es como si un copo gigante me hubiese amanecido en los mismísimos pies. ¿Devoraremos hoy el menos cero? ¿Podré mañana cambiar esta dedicatoria? No estaría mal, al menos, para mi autobiografía.

  2. Escribo o que agardo que ocorra.
    Non hai calor.
    Manteñome vivo nesta franxa
    pensando no bonito que todo se manten.
    Preciso música. Póñoa.
    Soa levemente e serena acubillando todo canto son.
    Estou cómodo e repaso, deitado, a luz, o silencio, o que fun e o que terei que ser.
    Agardo por un sorriso de verdá. Real.
    Todo esto é, nin máis nin menos, o que hai e é suficiente…
    Sigo agardando, ainda, a que veñan a celebralo…

    Ainda que neve.

  3. tampouco vin nevar na miña vida, pero quero que cando pase a neve veña con un boneco cunha cenoura de nariz, camelias brancas, esquíes formando unha X, e pegadas de alguén que camiñou cara atrás! Graciñas estibaliz !! agora xa non podo esperar que chegue a neve á miña vida!

  4. a neve é presiosa de fría. eu tamén quería hibernar afundida na neve. mui lindo. muitas gracias. bicos e estalactitas

  5. The Secret Life of Numbers

    The authors conducted an exhaustive empirical study, with the aid of custom software, public search engines and powerful statistical techniques, in order to determine the relative popularity of every integer between 0 and one million. The resulting information exhibits an extraordinary variety of patterns which reflect and refract our culture, our minds, and our bodies.

    For example, certain numbers, such as 212, 486, 911, 1040, 1492, 1776, 68040, or 90210, occur more frequently than their neighbors because they are used to denominate the phone numbers, tax forms, computer chips, famous dates, or television programs that figure prominently in our culture. Regular periodicities in the data, located at multiples and powers of ten, mirror our cognitive preference for round numbers in our biologically-driven base-10 numbering system. Certain numbers, such as 12345 or 8888, appear to be more popular simply because they are easier to remember.

    Humanity’s fascination with numbers is ancient and complex. Our present relationship with numbers reveals both a highly developed tool and a highly developed user, working together to measure, create, and predict both ourselves and the world around us. But like every symbiotic couple, the tool we would like to believe is separate from us (and thus objective) is actually an intricate reflection of our thoughts, interests, and capabilities. One intriguing result of this symbiosis is that the numeric system we use to describe patterns, is actually used in a patterned fashion to describe.

    We surmise that our dataset is a numeric snaphot of the collective consciousness. Herein we return our analyses to the public in the form of an interactive visualization, whose aim is to provoke awareness of one’s own numeric manifestations.

  6. Incredible. Esa turbina automática dos blogs, dos spams, da chismorrea cibernética i queseieu, SEMPRE DÁ NO CRAVO comigo. The Secret Life of Numbers, creo que me magnetiza moito máis que A vida Secreta das Palabras e a súa cursi devoción. O máis meritorio desa película son as localizacións de exteriores.

    Grazas polo comment, curioso azar, estupidez acertada, incomprensible internet… De 0 a infinitas grazas

  7. Incredible. Esa turbina automática dos blogs, dos spams, da chismorrea cibernética i queseieu, SEMPRE DÁ NO CRAVO comigo. The Secret Life of Numbers, creo que me magnetiza moito máis que A vida Secreta das Palabras e a súa cursi devoción. O máis meritorio desa película son as localizacións de exteriores.

    Grazas polo comment, curioso azar, estupidez acertada, incomprensible internet… De 0 a infinitas grazas

  8. puedo decir que me encanta lo que escribes? soy tu fan!!! no conozco mucho de la literatura gallega, pero dentro de la española eres magnífica: hay drama, ironía y mundos violentos abriéndose en lo que sugieres. si hiciese una película tú serías mi actriz principal

  9. Los diccionarios electrónicos de kanji son muy muy prácticos. Tienen una pantallita, escribes la palabra encima en kanji, y te dicen la pronunciación y el significado.
    Son carillos, pero se amortizan pronto.

  10. Xa que todo o mundo dedicase a eloxiar a tu poesia eun non vou ser menos, sento gran devocion polo numero e, e sobre todo polos poemas cadeira de afogar por inmersion, e Petulancia.

    Grazas pola tua poesia, fai que me sinta mellor nos malos momentos, de novo GRAZAS

  11. Good design!
    [url=http://gksioleg.com/uwew/kuxe.html]My homepage[/url] | [url=http://vlxjekju.com/dyqe/acpv.html]Cool site[/url]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: