Filias humanoides. Xeofilia

Despois de ver as películas-de-impronunciábel-nome , colaboración de Godfrey Reggio e Philip Glass, extraio as seguintes reflexións (pero seguramente estounas plaxiando. Desconfíen):

1.- O ser humano ten namorado, por esta orde:

1.1.- Da divindade en forma telúrica (bisontes, eguas, mamutes)
1.2.- Da divindade en forma cósmica (constelacións, lúa, venus)
1.3.- Da divindade en forma humanoide (Osiris, Zeus, Deus, Kali)
1.4.- De si mesmo (Leonardo, Van Gogh, arte autorreferencial século XX)
1.5.- De si mesmo cando neno (Alicia, debuxos animados, arte finais século XX e principios do XXI)
1.6.- Do planeta Terra como ser vivo (teoría Gaia, Final Fantasy, movementos ecolóxicos de varia lección, películas-de-nome-impronunciábel, A Terra vista dende o ceo) . A iso chamo xeofilia. Non sei cánto durará. Se servirá de algo. Se mudará climas ou conviccións. Pero funciona. Funciona como unha especie de amor arrasador, predador, terminator. Como tantos e tantos…

A triloxía -qatsi segue unha especie de orde: O Coñodepatsy, a primeira, pinta o esplendor dunha terra monumental en contraste coas pegadas humanas. Xeofilia. A Pobrepatsy, a segunda, fascina cos rostros, os costumes e o traballo. Hemisferio Sur. A que pecha o ciclo, a máis frouxa, Nontragoapatsy, aborda o tema da máquina, a loita, e a transformación dixital do mundo. Merecen a pena.

1.7.- Do Ghost in the machine… Tema doutro post.

2.- Philip Glass é ao concepto de son o que a arte árabe ao concepto de decoración: horror vacui, a premisa fundamental. Todo recheo de sons por un lado, de azulexos esmaltados por outro. Dos dous, quedo coa arte árabe

Pero a música destes films creo que se concibe coma unha especie de mantra: hipnotiza case tanto como as imaxes. O señor Glass, a base de repeticións, serialismo, machaconería e certas harmonizacións brillantes, xoga a ser o chamán. E xoga ben

3.- A triloxía, logo, conformaría un documento que, a semellanza do Disco Dourado do Voyager, poidese ser enviado ao espazo como representación visual de como se as gasta o home sobre a Terra?

4.- Elixan: que representa visualmente mellor as actividades incansábeis do home sobre a Terra?:

4.1.- A triloxía -qatsi da que veño falando
4.2.- Supersize me
4.3.- O Señor dos Aneis
4.4.- O Discovery Channel
4.5.- Paris Hilton
4.6.- Un cómic de Enki Bilal
4.7.- As tiras de Mafalda

Dubido seriamente entre a primeira opción e a última.

Tamén poden elixir algo que quede fóra desta lista e non se me veu á cabeciña nesta mañá de luns.

Os namoramentos tipo zoófilo ou pedófilo son perfectamente explicábeis nos ítems 1.1 e 1.5, respectivamente. Sen embargo, sabemos que a zoofilia depende do que consideremos animal e a pedofilia do que consideremos infancia. É por iso que ámbolosdous tiveron límites borrosos ao longo dos séculos. E tamén rexeitamentos de forza variábel. A día de hoxe, a pedofilia non é tanto unha cuestión de ata ónde chega a infancia senón unha cuestión de dende canto antes se pode empezar a explotar a masas de xente que Occidente considera explotábeis.

Volvendo á triloxía que suscitou o post: ver pelis así neses domingos de cama, pratos sucios, kleenex no chan, pelos revoltos, roupa interior desordenada, xelados de marcas baratas de centro comercial e todas-esas-cousas-que-xa-saben… axuda a agarrar o soño polos pelos.

Sen desmerecer outro tipo de actividades para facer en domingo como: fundir chocolate sobre macedonia, ir ao Planetario a ver se mudaron o programa, falsificar billetes de 20 euros, hackear a NASA, comprar un billete só de ida a Namibia ou iso-que-non-paga-a-pena-confesar aquí.

Qué arrogantes cabróns deliciosos eran os humanos, a cuxa raza pertencín!


BSO: Under pressure, Mercury&Bowie. Cortesía de I e o seu exquisito gusto musical
E rescatando clásicos: o de Joy Division, nesta versión que chega via LPC.

Datos de interese: Saben en que consiste poñer as claras a punto de neve, non? Claro, en romper moléculas [ou os enlaces entre as moléculas]. O cal converte ese tedioso acto que todas as fillas levamos a cabo para as mousses das nosas nais [similar a ese de soster metros e metros de lá cos brazos separados coma robocop para envurullar un novelo ] nunha especie de alquimia de laboratorio no que a nosa acción é decisiva e lenemente letal.

Supoño que a nova cociña é iso. Transformar o culinario banal en experimentos de física e química. O cal non lle resta unha pisca do erotismo natural do acto de comer en compaña. Ou si?

Por favor, síganlle a pista a Marina Núñez

Créditos das imaxes: 1.- Foto de Yann-Arthus Bertrand da célebre serie La Terre vue du ciel . Poderían ser xigantes da Serra da Capelada. En realidade trátase de aeroxeneradores daneses
2.- Debuxo do Enki Bilal

9 thoughts on “Filias humanoides. Xeofilia

  1. 4.8 Maradona. Espectacular, simple, efímero, exagerado, ascenso/caída y ,sobre todo, o por todo ello, humano. Qué no?

    Con respecto a la anterior pregunta se te olvido mencionar que hay quien se enamora del “amor”, como si eso fuera el fin y no el medio. Ya sabes, muy peliculero.

  2. Cierto, Alberto. Se me olvidó el enamoramiento del amor. Pero eso no es sino una variante del amor a uno mismo. Este Freud nos ha vuelto a todos locos.

    Y ole los huevos de los esclavos, o los plutonianos que erigieron o argallaron todo iso. Ole.

  3. “A día de hoxe, a pedofilia non é tanto unha cuestión de ata ónde chega a infancia senón unha cuestión de dende canto antes se pode empezar a explotar a masas de xente que Occidente considera explotábeis.”

    Cierto, es una idea que comparto por completo y un inteligente (viniendo de ti, no podía ser de otro modo) modo de gritarles su incoherencia a quienes llenan sus bocas de condenas a los pedófilos pero no actúan igual ante la explotación sexual comercial cuando ésta es ¿¿libremente?? consentida por adultos.

    Nunca dejes de escribir este blog, es tan refrescante leerte…

  4. mendrugo de pan, un pesebre, philip glass, corderitos libidinosos… visiones del mundo a través de cortinas febriles. me apunto a la Xeofilia (hay que probar de todo).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s