E mentres el mamáballe a polla a ela…


…había algo alí que non casaba.

Razóns:

1.- Porque a criatura que isto escribe, malia ser asidua de blogs erótico-sado-pornófilos e confirmar o que di Ivaginaria no seu: “sólo el sexo vende”, non se caracteriza por tratar o tema. Ás veces cánsalle un pouco o tema. Ás veces aburre tanto erotismo. Segundo qué tipo de erotismo. Pero hainos rancios e pretenciosos. Abúrrenlle. Quítanlle perturbación ao sexo. E o sexo, como a escrita, merecen ser perturbadores.

[hai un gracioso entre nós, verdade? Alguén que mudou o “per” da palabra perturbación por “mas”. Xa. Bueno, que consulte co farmacéutico. Ou coa boticaria]

2.- En segundo lugar, algo non casa porque… que lle facía el a quen? Aí hai un paradoxo. Unha drag queen, unha ósmose descoñecida ou un paradoxo.

Non se debanden e moito menos se rebanden [achtung, cota de xogos de palabras alcanzada por hoxe] os seus cálidos, xelatinosos e grises miolos.

Non sufran.

Non se exciten.

Nada máis é un título. Un título inofensivo que só quería captar a súa atención.

De vostedes, a fuxidía e virxinal atención.

Decepcionados? Azoutados polo morbo? Xa non están aquí e saltaron directamente a pornotube? Ah, infelice!

Sempre en pos doutro pos doutro pos. Infelice.

Pois ben, agora que quedamos aquí só os verdadeiramente interesados neste bloj, confesarei unha cousiña: mentres el mamáballe a polla a ela, o mundo era unha pura mutación. Un puro paradoxo. A idea de que só existen dous sexos saltaba polos aires mentres el lle mamaba a polla a ela. A chegada do robot ou do cyborg como ser intelixente e potencialmente sexual, reforzaba a chave tecnolóxica mentres el lle mamaba a polla a ela. I esas obvias mutacións que facían saltar polos aires o estatuto presumíbelmente natural do ser humano [que alivio], convivían con outros paradoxos mentres el lle mamaba a polla a ela. Outros paradoxos. Paradoxos que tragamos coa espontaneidade do seme. Que, se os pensamos moi por riba, nin sequera resultan paradóxicos.
Paradoxos como

paradoxo número 1.– O mundo está governado por deficientes mentais e, sen embargo, se move.

paradoxo número 2.- Os produtores de carburantes, automóviles, gas natural e outros derivados de antigos vexetais prehistóricos fan publicidade estilo medioambiental, con folliñas de bosque, bolboretas e amor polas cataratas

paradoxo número 3.– Para vivir nunha casa é preciso tirar unha casa pola fiestra. Ao final, un acaba morando nunha fiestra suspendida a certa altura

paradoxo número 4.- A tolemia non existe na medicina tradicional chinesa

paradoxo número 5.- Vivimos no hemisferios Norte ou no Sur mais, por analoxías cerebrais evidentes, o miolo do asunto é saber se no dereito ou no esquerdo

paradoxo número 6.- Acenden a tele. Unha canle temática calquera, como Canal Cocina por exemplo, ofrece moita máis variedade de programas que todas as demais canles misceláneas, estatais e privadas

paradoxo número 7.- África

paradoxo número 8.- O copyright. As pretensións de ser xenuínos, orixinais e, sobre todo, transgresores. A cacarexada orixinalidade de algo é de moi mal gusto

paradoxo número 9.- Gástanse 17.000 millóns de $ USA en comida para mascotas. 19.000 millóns de $ USA en axuda alimenticia ao 3º mundo

paradoxo número 10.- Dicir cousas como “axuda alimenticia”. Presupoñen que se fai como un favor que debe ser agradecido

paradoxo número 11.- A ciencia-ficción atina máis que as prospeccións pretendidamente académicas

paradoxo número 12.- O osíxeno mata lentamente. Para ser exactos, oxida

paradoxo número 13.– O xeo queima. Esvara e adhire. A auga ten un estraño comportamento. Sospeito que quere aniquilar á especie humana

paradoxo número 14.– Certos tipos de dor non doen e certos tipos de pracer, agotan

paradoxo número 15.- Os debuxos animados son críticos co mundo e os telexornais, autocompracentes co mundo

paradoxo número 16.- O doce máis delicioso é o chocolate amargo

paradoxo número 17.- O desinterese pola política é algo cultivado polos políticos. Distrae. Desvía. É algo así como: agora que xa facemos o que nos peta cos impostos, a xestión internacional, a economía… mirade, un cocho voando! Pan e circo romanos.

paradoxo número 18.- O uso de armas por parte de grupos organizados sen membrete nas cartas e sen cadeira na ONU é terrorismo. O uso de armas por parte de grupos organizados con membrete nas cartas e cadeira na ONU é defensa

paradoxo número 19.- As manifestacións pola paz

paradoxo número 20.- A procura de vida intelixente fóra da Terra sen cerciorarse antes de que exista na propia Terra

paradoxo número 21.– Todo o mundo finxe ter unha opinión

paradoxo número 22.– Que haxa algo en vez de nada

Coma todas, esta é unha lista aberta.

O paradoxo é unha das repulsións da lóxica máis comúns e, quizais, instructivas que existen. De feito, o paradoxo non conduce a unha estrada sen saída. Atopa a saída poñendo en dúbida a propia estrada. Se deixamos de crer en todo, é máis fácil comprender parcialmente.

Por iso el coa polla dela. Porque se o sexo xa non vende, alomenos revende. Porque el i ela son outros. Porque quería falar de algo que non fose o sexo e porque es hielo abrasador, es fuego helado. O paradoxo fai interesantes e insoportábeis aos humanos. Agora só falta distinguir entre os paradoxos inherentes a nós [atraentes, fascinantes, repulsivos e inmutábeis] e os que nos fan tragar [modificábeis a través das medidas sociais, a audacia, o librepensamento, o afán de comprender]. Aclaro que ese “nos fan tragar” non insinúa que exista un complot internacional para todo, cousa que non creo.

Si creo que hai máis paradoxos dos que eu enumerei e que calo, por consideración e cansazo.

À tout à l’heure.

BSO: Escoito Mercedes Benz, de Janis Joplin. Pero o tema paradóxico que teño na cabeza é Je t’aime…Moi non plus, de Serge Gainsbourg con Jane Birkin

Datos de interese:

+ Equinoccio

+ Japanese graphics now, en Taschen

+ Son B+

+ Conto tres cicatrices no corpo

+ Feito ultraparadóxico da miña existencia: canto na cerimonia relixiosa dalgunhas vodas

+ Son as 18:48 h.

+ Hoxe fomos ao mercado. Gústanme os mercados. Máis cós museos. Coñezo o mercado de Caracas o de Cracovia o de Tánger o de Londres o de Lviv… Os mercados existen para lembrarnos que temos certas terminais nerviosas no nariz que serven para algo. Ou serviron. Ou servirán

20 thoughts on “E mentres el mamáballe a polla a ela…

  1. Lawrence Lessing, un profesor de Dereito en Stanford Uni di que “…because Disney has been so succesful in extending the terms of copyright, nobody can do to Walt Disney what Walt Disney did to the Brothers Grimm.”

    Gracias polo teu blog…
    -DeIvanqueIvan?

  2. Como no quiero fingir tener una opinión propia (paradoxo nº 21), me limitaré a aplaudirte, sin más.

    Sólo una pregunta: ¿por qué África una paradoja? Por certo,que ben soa, verdade?

    À bientôt!

  3. ola ghuapisima😉 xa que sacas o tema…quería convidarche a un xogo musico erótico que iniciamos o harvey e eu nos nosos respectivos blogs. como ti eres melómana e melosa seguro que te animas a facer unha lista de cinco cancións para foder😉
    que dis? pasa polo blog e bótalle un ollo

    (perdoname por non visitarche, amoréaseme o choio)
    bicos!

  4. nº 28: as cancións para foder

    nº 29: enviar exércitos en misión de paz

    nº 30: as campañas antipiratería da sgae

    nº 31: que o PP se chame Partido Popular

  5. Quien bien te quiere te hará sufrir; morir de amor; amor verdadero; amor de juventud; amor a la patria; amor de madre; amor no correspondido… and more

  6. Cheguei aqui porque me dixeron que este blog era de Helena Gonzalez, unha crítica de poesía, e eu como teño poemas que quero publicar, entrei para facerlle un pouco a pelota. Pero non me aclaro, non leo nada de crítica. Esbaro por estes textos e opinións, non encontro nada consistente. POr exemplo a paradoxa parte de algo verdadeiro, pra logo contradecirse, pero aqui as paradoxas parten de meras suposicións, polo que o resultado non é paradoxal. senón unha mera hipotese que se suma a outra mera hipótese a que se opon debilmente.
    Porqué non cousas mais asentadas, pois, para que logo de verdade voen. Ten o bloggista/o, medo a voar?
    Miguel Levita

  7. Con permiso de la propietaria, al experto en levitar, para que vuelva a posar sus alados pies en la humilde Tierra:

    paradojo, ja.

    (Del lat. paradoxus, y este del gr. παράδοξος).

    1. adj. desus. paradójico.

    2. f. Idea extraña u opuesta a la común opinión y al sentir de las personas.

    3. f. Aserción inverosímil o absurda, que se presenta con apariencias de verdadera.

    4. f. Ret. Figura de pensamiento que consiste en emplear expresiones o frases que envuelven contradicción. Mira al avaro, en sus riquezas, pobre

    Qué curioso, la RAE contradice tus “asentadas” y “consistentes” tesis, ¿no es paradójico, oh gran dialéctico, oh heredero directo de Zenón de Elea? Por cierto, ni rastro de esas hipotéticas hipótesis…ande andarán, so hipotenuso?

  8. anónimo Iván: grazas pola cita.Si, ás veces penso que o copyright é ese procedemento legal que che autoriza a, talvez, chegar a ver as túas “creacións” en papel hixiénico ou nunha marca de mondadentes. De tanto querer chegar a todas partes, un acaba por perderse.

    O exceso de visibilidade mediática, cega.

    Supoño que por iso os irmáns Grimm preservan aínda ese halo de misterio e Disney, non.

    Entusiasta admirador: por que África é un paradoxo? Aí naceu a especie humana i é o lugar onde morren máis humanos da nosa especie por causas flagrantes. É un paradoxo que África siga vivindo e, sobre todo, é un paradoxo que saibamos tan pouco dela estando como está tan preto de nós.

    Alberto, David e Bruno: estades en racha! Estades enriquecendo moito máis esta entrada, grazas

  9. E Ángela. Os paradoxos do amor,si. Todos eses enunciados contradictorios, dende o amor propio que citou bruno, ata o amor á patria. Pero esa paradoxa da sabedoría popular que citas é estupenda: Quien bien te quiere te hará sufrir. Pon en relación eses campos tan afíns como son a tortura e o enamoramento.

    Alguén puxo de manifesto nalgunha ocasión que a actividade cerebral rexistrada durante o pracer sexual e a dor física son significativamente parecidas. Tal vez sufrimos coa mesma parte do cerebro coa que gozamos.

    En canto a miguel levita: a blojista non lle ten medo a voar, pero si a levitar coa mediocridade coa que o fas ti. O teu comentario, igual que o rollo macabeo que metiches no post de Berlín, non me merece máis que estas observacións:

    1.- alguén que se desautoriza a si mesmo presentándose como un cantamañanas dende a primeira frase… pero que tipo de arte conceptual practica?

    2.- O paradóxico é que, se tan inconsistente che parece o meu blog, non deixes de lelo. E seguro que, como lelo, acudirás a ler isto tamén, así que aproveito para chamarte de novo lelo. O cal é, pola túa parte, o colmo do lelismo paradoxal

    3.- dior mío! E se resulta que son Helena González disfrazada?

    4.- se queres publicar poemas non te compliques tanto a vida: é ben sinxelo. Deixa de ler blogs que non che interesan, mellora a mordacidade da túa mala baba, que non ten moita, e aparenta intelixencia só cando che sexa útil, ho.

    5.- E vai por aí, a tomar vento a outros blogs

  10. Ten vostede que disculparme, onte entereime que é vostede o meu referente poético no pais. As veces un fai o asno, e con esto do anónimato de internet, pasease un como un ganso, facendo…
    En canto me enterei entroume un profundo desasosego, como puiden…a mais, cando o meu desexo de trato con vostede é todo o contrario, parte dos seus versos que me acompañaron na miña adolescencia, que memorizaba, para encontrarlles o último sentido, porque eran como pezas fascinantes con palabras ensartadas, que logo eu´, ía descompoñendo, e volvía a xuntar, e escribía, non sabendo se repetindo eses mesmos versos, non sustraendome a súa forza.
    Lamento de verdade o acontecido. Coñezo toda a súa obra, incluso como lle digo, pode recitar algúns poemas de memoria, e os que esquecín sei que todabía operan na miña concepción do mundo e na articulación dos desexos.
    Teño que afinar mais, pero o mal humor, a frustración, a tontería véncenme e estupido póñome a facer cousas como esta, que non acostumo a facer, que é unha excepción, e encontrome nesta situación, extremadamente comprometida para min, de mostrar a miña completa estupidez a alguén que admiro e exercitala con ela, sentindo este oprobio, e dende o que só podo pedirlle que sexa humana e disculpe a este mediocre admirador
    M.L.

  11. Bruno, é moi enigmático iso da mancha no pano máis fino.

    David, é flipante o de Cortázar. Pero segue a estela de poñer a filosofía bushido de Bruce Lee para vender un BMW.

    Alberto, que todo naza e morra… Sería menos paradóxico non morrer? Ou non nacer?

    Vou pensar nas cancións para foder que me pide mariademallou. Para foder uns cos outros, supoño [qué jevi de dios queda iso]. Porque tamén existe a variante de cancións para foder aos veciños.

    A palabra foder despístame un pouco, non sei.

  12. Todo isto é un pouco plutoniano.

    M.L. por favor non é preciso que ninguén se autoflaxele, é algo innecesariamente violento. Sinto se lle chamei lelo pero estou un pouco farta e cabreada dos comentarios de anónimos que xuran e perxuran que non me len porque me odian/porque son inconsistente/porque oquesexa…e volver a ver cómo reacciono. E tamén porque, aínda que eu non coñezo persoalmente a Helena González, presentarse como vostede o fixo paréceme unha falta de respecto. Ou unha falta de respecto ou un exceso de franqueza, o cal ás veces vén a ser o mesmo.

    Non quixen moderar os comentarios deste blog cando o creei porque coido que un texto neste formato mídese polas reaccións que suscita. Sen embargo ás veces estas teñen un tinte tan surrealista que xa me desoriento. Podo aceptar unha crítica que ataca algún aspecto que me sinto capaz de defender. Pero se decepciono a alguén porque anda á procura dunha crítica literaria que vive Barcelona e resulta que eu non o son… que carallo de trama é esa?

    Non son crítica literaria. Tampouco son filósofa, eleata, artista,astronauta, enxeñeira de telecomunicacións nin secundaria de luxo nunha peli de David Lynch.

    A miña identidade aparece ao final de cada post que publico.

    Malia que lle agradezo as súas palabras, non me sinto á altura de ser referente poético de ninguén, e isto nin é celestial pedantería, nin falsa modestia nin tosquedade. Para iso fan falla moitos máis anos dos que eu teño, moitas máis cousas das que eu levo feito. Vostede foi sincero no seu primeiro comentario: quere publicar poemas. Pois teño unha recomendación: fágao. Hai editoriais no mundo real e tamén no mundo virtual. Hai premios en cada recanto do globo. Tamén dixo que o meu post parecíalle inconsistente. Bueno, paréceme bárbaro. Non pretendía selo. Tampouco os soños ou as cores o son e pensamos co mesmo cerebro co que soñamos e denominamos cores.

    Todos en paz.

    E se eu non fose quen vostede cre? E se non tivese publicado pero si escrito? E se fose unha impostora, como me dixo no comentario que eliminei? E se fose unha colombiana que escribe todo isto cun dicionario de galego? E se fose un programa informático que xoga ao xadrez cos posts e cos comentarios, e detrás do cal só hai logaritmos e secuencias numéricas en bucle?

    Que pasaría nese mundo posíbel, M.L?

  13. Nacer, morir?? ambas son un poco lo mismo si pensamos en la muerte en términos de no existencia, no? Aunque a lo que me refería yo era a la segunda en relación con la primera, no sólo a los seres vivos sino también a los sentimientos. A que la vida esté tan ligada a la putrefacción. Como el cuadro de Dorian gray o la condesa ésta… o el oxigeno. Aunque morir después de haber nacido además de como una paradoja, o como toda paradoja, se puede ver también como una putada: como que quien te quiera te haga sufrir o como no conseguir publicar y entrar por error en el blog de una persona que sí lo hace pensando que es una crítica literaria.
    PD. Esto cada día se pone mejor, te animaría a que no eliminases ningún post. La Pantoja al lado de tanta paradoja es una mingurria. Ave Estibaliz!

  14. Nos rios ao norte do futuro
    boto a rede que ti
    indecisa lastras
    de sombras escritas
    con pedras
    P.C.

    Un programa non fai reflexións de segunda orde, un programa fai operacións que denominamos: xogar ao axedrez. Un programa non xoga nin sabe que non xoga.
    Ese mundo posibel do que me falas, é imaxinabel, como metafora dunha intuición actual para suspender a creenza habitual non mundo en que vivimos. Descartes apuntouno co argumento so soño, na primeira meditación metafisica. COmo seu que esto que estou vivindo aquí, agora mesmo diante da pantalla deste ordenador non é un soño?. Pero o argumento era unha suspensión da creenza, a practica actualizada dun escepticismo epistemologico epistemologico,encamiñado a atopar un maior grado de certeza. O prob lema retomouse coa temática das outras mentes, acutalización da problematica dervada do solipsismo. Pero Witggenstein ao rechazar argumentalmeten a posibilidade da existencia dunha linguaxe privada espaventou outra vez a perspectiva egocentrista. A perspectiva obxectivista asentouse mais ainda co xiro linguistico, pero como todo tende ao exceso, outros autores como Cristian Wright ou John Mcdonell intentan recuperar o subxectivismo. Dame sombra como diría Celan. Hoxe aquí mesmo, en Galicia traballase con redes neurais na Facultade de Fisicas. A inxeñiería que toma como modelo o cerebro e un pobrísimo esquema deste. Amais, hai un limite: os sistemas(programas) non son autopoieticos, ainda que imiten a vida, precisan dunha orde dunha entrada, o ser vivo independízase cunha membrana.
    Descartado logo que sexas un programa, e instalados na linguaxe, nunha linguaxe obxectivante por mais sombra que percure, e como xa pedín dusculpas polo meu errático comportamento, afirmome como ser vivo que vive na linguaxe e saudo a poeta galega de mais fonda inspiracion e mais calada expresión.
    Miguel Levita

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s