todas as vidas do rostro de H.

Maria Chenut é unha artista francoestadounidense que, logo de trece anos en Compostela, emigrou a San Francisco hai uns meses. Acaba de voltar este verán para presentar dúas exposicións en Ourense: unha colectiva [El gabinete de un aficionado/O gabinete dun afeccionado] e outra individual [Objects in mirror are closer than they appear/ Os obxectos nunSeguir lendo “todas as vidas do rostro de H.”

un estado de cousas mutante [conclusións precipitadas sobre lei e piratería]

Conclusións sobre lei e piratería: 1.- Como broma, o anteproxecto estivo ben. Agora cómpre beber un groliño de auga e recuar un chisco 2.- Ai de quen se meta con Internet e o seu sacro dominio de “cultura democrática e para todos”, sobre todo eses que tanto amamos amades a cultura. A que vai conSeguir lendo “un estado de cousas mutante [conclusións precipitadas sobre lei e piratería]”

base de datos: obsesións

BASE DE DATOS: OBSESIÓNS Obsesióname o futuro. Cantos escritores hai lendo isto sen saber que algo lles influirei ao seu pesar con todo. Obsesióname que el se atope ben. Que as rochas do espazo se exhiban indiferentes que non todo nelas sexa significativo ese alivio cósmico obsesióname. Obsesióname escribir extraordinariamente o que sei que poderíaSeguir lendo “base de datos: obsesións”

lista de detalles que te reconcilian coa especie humana

Xa tiña saudades dunha lista. Poña unha lista na súa vida. Verá como, ao rematala, semella que algo encaixa en algo e que vostede… Vostede. Nadie habrá dejado de observar que con frecuencia… atopamos persoas, escoitamos frases, vivimos situacións que, na nosa natural misantropía, tornan o mundo un chisco máis habitable. Un chisco. Máis. Habitable.Seguir lendo “lista de detalles que te reconcilian coa especie humana”

música reptiliana

Dende a revista dixital Sono-Tone pedíronme unha lista. Os 10 temas da miña vida. [inclúo o artigo xa que o link da revista desapareceu: Resúltame claustrofóbico elixir 10 temas. Daí que, deslizados nos comentarios, vaian moitos máis. E agora que vexo o decálogo rematado e comprobo que non puxen nada dos Beatles nin dos CureSeguir lendo “música reptiliana”

lista de títulos que non serán libro

As listas de cousas que unha non fará xamais adquiren o estatuto da saudade. Son como cartas sen enviar atopadas na faltriqueira dun morto ou cartaces de festa nunha cidade bombardeada. Son o que puidemos ser e non fomos, son álvaros de campos concentrados, son xenios encerrados na intimidade das botellas. Unha vez dentro deseSeguir lendo “lista de títulos que non serán libro”

a que occidental posmoderno lle importará isto?

imaxe: Cherry Tree. By NoDate Xuño e novembro. Son os meses que prefiro. É pola inminencia. Inminencia significa ameaza. Xuño e novembro ameazan con fluídos veráns en barcas bamboleantes, con follas tenras que podes arrincar coas mans e con invernos rusos, nos que hibernar escribindo baixo unha manta de calceta. A inminencia é unha cousaSeguir lendo “a que occidental posmoderno lle importará isto?”

calafríos musicais [chill in]

imaxe: Natalie Shau O lugar permanece átono. Ti sentas cuns auriculares. O teu corazón latexa como foi aprendido a facer. O sangue, que sería dun cobizado ton escarlata se poidésemos velo a través da pel, segue un traqueteo preciso, sen sobresaltos. Os pulmóns inflan e desinflan como pequenos flotadores azuis. Son a sede da tristezaSeguir lendo “calafríos musicais [chill in]”