non deixa de resultarme curioso que

Teraoka

Teraoka

Curioso que a poesía sexa unha puta denostada, unha pesada que ninguén quere, facilona, aborrecida, sempreigual, sempreviva, sempremorta, clasicota, infumable, impresentable, obxecto do mecenado de catro guillados. Isto é así para moitos novelistas, editores, protésicos dentais e mesmo poetas.

A poesía ten que ser outra cousa, debe selo: debe transmutar. Imperativamente. En publicidade, en videopoesía, en pintada con sangue na parede branca dun garaxe… De non ser así morre por endogamia, como esas sagas familiares apodrecidas dos moitos apareamentos entre iguais.

Isto semella ser o estado da cuestión.

A poesía cansa.

Poeta, quita os lentes que che parto a cara.

E así.

Con todo, non deixa de resultarme curioso que cando alguén pretende louvar unha obra calquera do que se entende comunmente por arte, sexa cine, arquitectura ou grafitti, en moitas ocasións deslice o xa tópico: é pura poesía. Blek le Rat e Banksy xa son pura poesía. Jean Nouvel é pura poesía. Galliano, a etiqueta dun bo viño, Chema Madoz, Tarkovsky, os beizos de Mónica Bellucci, as bacterias, as medusas fluorescentes, Pedro Páramo, Miranda July…

A poesía debe de ser a única criatura no mundo que, a máis puta, máis pura.

Banksy

Banksy

2 thoughts on “non deixa de resultarme curioso que

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s