zombies boureando: cerebro!

É posible que vivamos nunha era cerebral. Que o ritmo do corazón sexa traducido a código neuronal. Que as nosas hormonas dicten as túas ideas. Que o único que queiramos reproducir no mundo sexa un vasto circuíto de dendritas. Que tamén a nosa intelixencia  sexa artificial. As cidades acesas na noite como neuronas, o universo a se expander coma o interior dun cranio.

Derivada de todo iso, a obsesión polo xenio, polo impulso, pola obsesión, pola sede da memoria, pola intelixencia. A obsesión pola xeometría que rexe no interior de Grigory Perelman. A obsesión por ese individuo da nosa especie: Grigory Perelman. Pero tamén por moitos outros que son as súas versións populares, domésticas, tragables: Punset, por exemplo.

A obsesión polo xenio, polo xen do xenio, o xen do talento, o xen do talante, o xen da lucidez. O xen en forma de folerpa da lucidez.

O xen en forma de mancha nebulosa do xenio.

O xen en forma de pirámide do talento.

O xen en forma de hélice do talante.

Quizais a nosa [outra máis] obsesión por falar e escribir sobre sexo teña a ver con esta constatación: a evidencia de que a nosa especie decátase, e non sen tristura, de que non é tanto animada [dotada de alma] como cerebral, de que ata a máis presuntamente espontánea pulsión é controlable cun par de electrodos nas tempas, que as hormonas, as píldoras, as glándulas, as químicas,  o mapa xenético dos avós, as silenciosas rexións do noso cranio albergan o segredo diso que criamos noso e único. Ata no noso modo de emocionarnos hai algo xenético. Ata a nosa alma é programable con doses xustas de serotonina ou testosterona.

Os nosos nós de paixón tamén son nós de sinapses.

Os nosos nós. Non somos nós.

Incluín unha especie de analoxías cerebrais no último poemario que considero pechado. Por suposto, tamén coa metáfora do cosmos [algo irritante ultimamente nos mentideiros literarios, ben é certo]. Tamén coa metáfora da tinta e da superficie da páxina. Materia escura. Materia gris. Fluído rosa.


Materia escura

Materia gris

Fluído rosa

Substancias desa materia e antimateria coa que se fan os soños.

E os antisoños.

One thought on “zombies boureando: cerebro!

  1. desexando ler novo libro.confirmación de que es toda unha filósofa .espero ter esta noite un antisoño.ou os antisoños é o que temos polo día?
    😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: