adiantando ao sol en curvas perigosas

Ultimamente souben que hai xente que:

– volve ao troco en pleno post [trans?]capitalismo: ofrece patacas da súa eira a cambio de conexión wi-fi.

– planea ver amencer no cabo de Gata e, no mesmo día e tras atravesar de cabo a rabo a pel de touro adiantando ao sol en curvas perigosas, chegar a tempo do solpor no Cabo [Rabo?] de Fisterra.

Para min ese tipo de xente xa non son persoas: sonche válvulas de escape. Longa vida a eles.

Deixar un comentario