Permanecer algo descoñecidos faravos permanecer grandes.
Share this:
- Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
- Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
- Compartir en Tumblr (Se abre en una ventana nueva)
- Compartir en Pinterest (Se abre en una ventana nueva)
- Feixe clic para compartir en WhatsApp (Se abre en una ventana nueva)
- Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva)
Acaso o singular do asunto estea en que o descoñecemento máis que unha estratexia comunicativa sexa unha constatación da imposibilidade de coñecer. E isto dito en pleno auxe da retórica da comunicación e da ideoloxía do coñecemento. Eu, por exemplo, descoñécese plenamente e isto, o feito de descoñecerse, comeza a non facerlle demasiada graza. (Este é un Eu que esixe terceira persoa). Vendemos coñecemento e seguridade e os anos dan, xustamente, a inseguridade do descoñecemento. Que o feito de escribir non implica saber nada, senón máis ben ignorar. Que se escribe para saber, non para comunicar; para preguntar, non para responder; para dubidar, non para afirmar. Que escribir non é máis que pedirlle ao Outro que nos diga o que nós quixeramos saber. Interpelar á Fala (que fala) sobre un determinado sentido dentro do labirinto dos significantes. Mais Eu (tan egocéntrico polo xardín) pensa que nun tempo aprendeu a falar, a escribir, mesmo asegura ter lembranza deses feitos. E o certo (certo?) é que aprendeu a calar, a calar, a calar. Quebrada está xa a alianza entre a linguaxe e o mundo.
Mellor, cantar. Moito mellor, cantar.
Senteime a proa fumando a miña pipa -pero foi ela quen sentou fumando a súa- e a pensar niso que di: “que se escribe para saber, non para comunicar”.
Uf, cárgase todos os clixés da literatura de entretemento.
Nutritivo.
A miña frase ía no sentido de permanecer descoñecido cara aos demais, pero o xiro que deu o argumento -descoñecido para un mesmo, o descoñecemento e a inseguridade como bases case filosóficas- dá para espremelo tamén.
Ninguén reivindica a inseguridade nestes tempos.
Eu reivindícoa. Pero non moi alto, que non acabo de estar moi segura nisto de reivindicar cousas.