poesía=publicidade=músculo de materia gris=parvada=sapiens

by Robert Montgomery

NADA ACONTECE ALÍ ONDE VIVIMOS E O TEMPO NON PASA  ESTAMOS PETRIFICADOS NUN MOMENTO ELÉCTRICO REPENTINO  COMO O INTRE NO QUE ACENDEMOS OS FAROS DO COCHE  COMO O INTRE DE IMPACTO DUN TIRO DE COCA  NON LLES HAI HISTORIA AQUÍ  O ESPECTÁCULO [FAMA] QUE TOMA O SEU NOME DO ESPECTRO [PANTASMA] É O QUE MANDA   E VEMOS PASAR PANTASMAS DE NÓS MESMOS NOS VALOS PUBLICITARIOS  VEMOS A NOSA PROPIA IMAXE NOS VIDROS DOS AUTOBUSES E NON LEMBRAMOS NADA

Robert Montgomery, tradución de Estíbaliz Espinosa

Robert Montgomery libros, o que se di libros non escribe. Escribe valos publicitarios, neóns, marquesiñas, carteleiras, cartaces, letras grandes en paredes urbanas…

A el si o len.

E a xente vive feliz crendo que non le poesía, esa cousa poeirenta, fedenta, cincenta dos libros marelentos. Esa é a ironía da poesía -que nos rodea e usámola decote-, a súa retranca final -mhuahaha, cánta perfidia e cánto candor- e tamén é un dos paradoxos que fan interesantes aos humanos. Os tipos eses. Os que me nos estremecen.

3 pensamentos sobre “poesía=publicidade=músculo de materia gris=parvada=sapiens

  1. A poesía , a dos libros amarelentos, a que lemos sen nos decatar nas paredes urbanas, a que está desfiañada polos espacios no que nos movemos, que ás veces percibimos aínda que só sexa dunha maneira subliminal, e a que está escrita nas meniñas das persoas que amamos é a que nos salva de vivir fosilizados na monotonía dos días…

  2. 🙂 Lindo. Certo, Conchi. A poesía [algunha, non toda] sálvanos de fosilizarnos. Mais tamén fosiliza momentos, pensamentos.

    A poesía fosiliza e desfosiliza. Ha ser tan contraditoria coma os seus autores, seica.

  3. Certo que non toda a poesía nos salva de nos fosilizar , igual que non toda a música nos convida a voar…

    Hai pensamentos e momentos que merecen ser fosilizados para que outros adquiran vida…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: