neve sobre Snow

Aló van 52 anos disto. Xa nevou.

Non poucas veces asistín a reunións de persoas que, consonte aos estándares da cultura tradicional, considéranse moi cultivadas e que expresaron con verdadeira fruición a súa incredulidade ante a incultura dos científicos. Unha ou dúas veces sentínme provocado e preguntei aos presentes cantos deles eran quen de enunciar o Segundo Principio da Termodinámica. A respuesta foi glacial; negativa tamén. Porén o que lles estaba a preguntar é máis ou menos o equivalente científico de: Liu vostede algunha obra de Shakespeare?

Agora coido que se fixese unha pregunta aínda máis simple -como: que entenden vostedes por masa ou por aceleración, que vén a ser o equivalente científico do sabe vostede leer?– non máis do un por cento dos supercultivados percibirían que estaba a falar no mesmo idioma de todos. Así o magno edificio da física moderna vai levantando, e a meirande parte dos máis cultos e intelixentes do mundo occidental non o coñecen moito mellor do que poderían coñecelo os seus devanceiros neolíticos.

The two cultures, C.P. Snow. Relatorio de 1959 sobre o abismo entre ciencias e humanidades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: