«Malia tanto progreso, a linguaxe segue a ser o nexo característico da nosa humanidade; é alí onde se asentan o noso saber e a esperanza. É o requisito previo da tenrura humana, máis poderosa ca espada pero tamén infinitamente máis sutil e, en última instancia, máis imperiosa. Lembremos que escribir calquera cousa vólvea real; que é case imposible odiar aSeguir lendo “cando coñeces a súa historia”
Arquivo de categoría:casa de citas
poeta no meu peto- Grant Snider
Un día atopei un poeta agochado no meu andel. Crin que era un trasno ou algún elfo contrariado. Pedinlle tres desexos: el declamoume un cuarteto. Pedinlle o ouro ao final do arco da vella: ficou quieto, admirando a choiva. Gárdoo no peto. Moito non me pide. Farangullas, gotas de orballo cun chisco de gin, oSeguir lendo “poeta no meu peto- Grant Snider”
Bukowski, vai calando xa
Se algo che queima a alma cun propósito e devezo, é o teu deber deixar que te reduza a cinzas. Calquera outra forma de existencia será outro libro insulso máis na biblioteca da vida. Charles Bukowski Vida, literatura e lume. Xa. Máis traducións deste home aquí.
Feynman sobre os poetas
Richard Feynman, o físico con rostro da máscara da comedia grega, o que explicaba enigmas da vida cun sorriso ou tocando os bongós en Brasil, o que sementaba pizarras en clases entusiastas e charlas que hoxe son mitos da física do século XX, o que tiña que estar sempre de broma e non, non oSeguir lendo “Feynman sobre os poetas”
casa de citas XLIII
Chegamos ao punto en que se escribe máis poesía da que se publica, e xa non digamos le, principalmente porque a poesía chegou a ser considerada máis ben como unha válvula de escape para sentimentos persoais: o poema como a fórmula estilizada da notación de diario. Mesmo entre os poemas que se publican –e aíSeguir lendo “casa de citas XLIII”
abrigos, bufandas, neve, nais
A semana pasada, na charla de Andrés Neuman no Ágora arredor de Hablar solos, a súa última novela, apareceu citado polo propio Andrés e revoando no espazo en tebras da sala, un abrigo. Un abrigo e, detrás, unha nai. E por riba deles, cristais de neve. O verso que citou pertence aos Poemas en prosaSeguir lendo “abrigos, bufandas, neve, nais”
embrión
«O concepto de embrión é do máis asombroso e formar un embrión, a cousa máis difícil que farás na vida. Para chegar a embrión tiveches que construirte a ti mesmo dende unha célula única. Tiveches que respirar antes de teres pulmóns, dixerir antes de teres tripas, fabricar ósos cando eras carnoso e organizar toda unhaSeguir lendo “embrión”
fail Beckett
Desalentador podía ser Samuel Beckett. Pero entre labazada e labazada, jab e crochet, bajonas e uppercuts, aloumiñas na alma, na ánima, no ánimo. Aloumiñas resecas, tallantes, aloumiñas imperiosas que reconfortan non para a autocompaixón senón para a reactivación. Aloumiñas que non van de aloumiñas, senón quizais de burlas do que se considera éxito e fracaso,Seguir lendo “fail Beckett”
casa de citas ∞
«Calquera tecnoloxía avanzada abondo é indistinguible da maxia» 3ª Lei de Clarke
casa de citas XLII
Non parece existir a filosofía ata que de súpeto se volve cara aos filósofos e saen todos arrastrándose da súa cova, palpebrexando para se quitar as lagañas de tearaña. O sistema creba e a filosofía existe. Ou, polo menos, as terminacións nerviosas da filosofía, a política. De súpeto, facemos preguntas que riscan no fondo, naSeguir lendo “casa de citas XLII”