Un libro é a carcasa, o obxecto -papel encolado ou cosido, tinta, guardas, erratas, dedicatorias, cousas metidas dentro- ou o dispositivo verbal que lemos e queda en nós?
Os libros mutan ante nós. Fosilizan. Mudan a pel.
Sen embargo, aínda custa ver o que lemos nunha pantalla como libro. De feito, poderemos chamalo libro pero… literatura? No curso de literatura dixital que impartín hai uns meses, puiden comprobalo: o que está na rede aínda é estraño, estranxeiro, é cousa sen facer, sen consagrar, non ten opinións de segunda man das que botar man, é magma que non fosilizou aínda.
Por iso aínda repele a moitos. Por iso mesmo atráeme a min.