Hybris hybris [literatura híbrida]

Sereas. Barón Ashler. Faunos. Centauros. David Bowie. Lobishomes. Mulas. Terminators. Minotauro. Anubis. Chihuahuas. Home elefante.[Henry Jekyll e o señor Hyde valerían?]. Os que levan transfusionada sangue doutro grupo. Os que levan un ril co que non naceron. Os enxertos frutais. Peladillos. Nectarinas. O capitán Garfo. Os irmáns siameses. Un tío meu, cun bypass. Algúns dos X-men.

A lista (iso é o marabilloso das listas) pode ser (debe ser) interminábel.

A dos híbridos que conforman o noso mundo híbrido.

A pureza, ese ben cobizado e ás escuras coma unha perla, apodrece nas bufardas do inconsciente humano. Ninguén quere xa ser puro. Falar unha soa lingua. Non esquecer os conceptos aprendidos. Ser endogámico. Ser intocábel. Ser anódino ou matiz do gris.

Resulta infinitamente máis magnético e turbador ser sucio, manoseado, contaminada, impura. Mesturado. Trilingüe. Híbrida.

Ser híbridos garántenos a posibilidade de ser unha de moitas variacións posíbeis sobre un mesmo tema. Somos isto, pero poderíamos ter sido aquilo. Es ti, pero poderías ter sido eu. Son estíbaliz, pero podería ter sido un xirasol, unha pedra de xade, un xacinto, un xilófono, a taimada Xerezade, un xaguar, xesta, xofre, xurel. X posibilidades. E, cómo non, posibilidades XY.

Esa posibilidade de mutar xa é un tímido hibridismo. A nosa composición pode variar. Somos atravesados polas radiacións, pola túa ollada, polos raios dunha tormenta. Podemos fermentar e pasar a ser outra cousa, máis ou menos abiscoitada. Reaccionamos co osíxeno, igual có ferro. De feito, oxidamos paseniño e chamámoslle, con candor, vivir.

É dicir, queda moi lonxe da nosa natureza pluricelular, promiscua e curiosa, ser tipos puras.

***

Refírome a min como a híbrida entre unha galega e un palentino, entre unha familia de comedia e unha de traxedia, entre un grupo sanguíneo B+ e un A+, entre un gato que tiven e un home ao que amei/ amo/amarei, entre un pretérito perfecto e simple (ou pluscuamperfecto, así é moitas veces o pasado nos nosos implantes de memoria) e un futuro composto (abstéñanse os xogadores de palabras, que amenizan toda reunión de sociedade). Entre o meu carbono e a miña virtualidade. Entre a que pestanexa neste intre e a que non pestanexa en ningunha das fotografías de min mesma que, como todo humano, atesouro entre garras de águia.

A literatura será híbrida ou non será. Xa non só coas artes plásticas, grafitti ou eidos dixitais: tamén coa ciencia. A física literaria, poesía das matemáticas, química do microrrelato. As humanidades hibridan coa ciencia, a filosofía ou a sociopolítica. Sempre foi así. A literatura é unha mancha de tinta sobre calquera tema, soporte… unha impregnación. Un lunar. Unha tinta cooperativa, universal.

****

Os híbridos e a fascinación matemática de que 1+1 non son sempre 2. Se sumamos peixe + muller [ou unha ave + muller, segundo os primitivos mitos gregos] decididamente non temos unha meiga [ou unha caballa]. Cabalo + home tampouco dan forzosamente un cabaleiro. A suma de dúas entidades materiais arroxa o saldo dunha criatura nova i espeluznante, coma o cyborg [ver post de setembro, alors].

Por exemplo, Michael Jackson. Un tipo que desprega ante as nosas retinas rutinarias unha colección de mutacións, síndromes e hibridismos varios. Síndrome de Peter Pan, de Príncipe destronado… metade Janet Jackson, metade Liz Taylor. Me(ga)lómano, mitómano, palidómano.
Un rei do transformismo infeliz.

Un híbrido infeliz entre o que quixeron que fose + o que non puido ser.

A procura da pureza é unha intrigante manía humana. Sabemos que estamos preparados instintivamente para rexeitar a aqueles que se asemellan demasiado a nós. Que preferimos o singular e distinto. Todo aquilo que, baixo a primeira ollada, semella raro, curioso. Con todo, hai moitos que, por vertixen, temen saírse das canles do desempre. O costume é un poderoso aliado para os débiles. E, por outra banda, a ansia de provocar elixindo o distinto é tamén un poderoso aliado para os provocadores sensubstancia.

Difícil posicionarse, coño. Sempre estamos baixo a sospeita de ser pretenciosos con nós mesmos.

Quédome coa transfiguración monstruosa dos seres que son metade isto+ metade imposíbel. Esa insolencia que anula fronteiras adminstrativas trazadas sobre un mapa. Quédome cos que esquecen conceptos aprendidos. Cos que nunca son completamente algunha cousa. Esa busca de identidade postmoderna e feita añicos tenme cansa, moi cansa. A mecánica e a ciencia-ficción [un xénero de por si híbrido, vaia] venden alivio para tanto torrente sanguíneo saíndose veas afóra.

Descansarei un pouco de ser humana.

Se me permiten…

Banda Sonora Orixinal: Why can’t I be you, The Cure. Os Cure foron pseudo-relixión. Ilusionistas, circenses, neuromantes. Sempre dubido se foi Tim Burton quen inspirou aos Cure ou, máis ben como sospeito, ao revés. Impagábeis versións dos seus temas con instrumentos de xoguete. Impagábel vídeoclip de Close to me, o do armario. Marabillosas, tristes, delirantes Pictures of you, Lullaby, The same deep water as you, Siamese Cats, Inbetweendays, Forest, A hundred years, Wendy time… mil que esquezo e non penso mirar…

E o himno xeracional, luminoso, celeste, de toda unha lexión de corvos nigroamantes [achtung! cota de xogo de palabras cuberta por hoxe] : Just like heaven

Datos de interese: Sobornarei con esplendor a quen me consiga que a semana que vén vaia bo tempo en Granada. Unha nevadiña na Alhambra é dun lirismo abafante, sí. Permítoa. Pero que non chova.

Y responde con tatata: por fin pode dicilo coa boca e non só co cu. Y é un híbrido entre o enxebrismo e o caribe.

Amo a un caníbal. A palabra caribe e caníbal son a mesma, disque. Qué fermoso paralelismo.

Algunhas das perlas de House: Case todo o que prescribo é adictivo e perigoso, a diferenza é que isto é legal.
Pero por humildade a cal te referes? Á xenuína ou á cortés e condescendente humildade de Mr. X?

Discutín acerca de se House exemplifica o humor inglés. Iso é humor inglés? Como está dobrado perdémonos se o actor británico finxe ser ianqui ou non. Se se trata do new humor inglés está claro que, ademais de flema, vai acompañado de bile negra. A compoñente da melancolía, para os médicos do Medievo. Agradezo ver House, pero de cando en vez encantaríame que fose unha televisiva muller quen cometese esas falcatruadas contra o politicamente correcto e reaccionase máis caústica que sosa.

Para calquera pregunta sobre o tema, por favor, non chamen.

I feel pretty.

Créditos das imaxes:
Imaxe 1, roubada de Internet
Imaxe 2, propia e manipulada con PS

Nota: o termo hybris orixinalmente alude á soberbia que atenta contra os deuses i é castigada coa némese. Non está claro que sexa a orixe da palabra híbrido, pois semánticamente están lonxe.

12 thoughts on “Hybris hybris [literatura híbrida]

  1. Acabas de crear un interesante híbrido entre dúas cancións dos Cure: Siamese Twins e The Lovecats (cada unha, á súa vez, falando de sendos híbridos). O que é o inconsciente, eh?

    ¡Granada! Qué tempos, qué lembranzas. Si pasas polo “Planta baja” (dubido que aínda exista)a ver si atopas unha chupa vaquera modelo 1995 (ou anterior). Eu non voltei dende entón salvo para tomar unhas tapas nunha viaxe Fuengirola-Madrid.

  2. La hybris más genuinamente vinculada a la idea de pureza es la unión de cuerpo y alma de los Misterios Órficos, en la Antigua Grecia: como es sabido, en el orfismo el alma es principio divino (inmaterial, eterno, incorruptible) caído por una culpa originaria en el cuerpo (material, efímero, corruptible), que es su cárcel. Sólo los iniciados en los ritos y prácticas órficas podrían terminar con el ciclo de reencarnaciones sucesivas de este “demonio”, liberando, por fin, al alma de su cuerpo: para los purificados hay premio en el más allá, “volver a estar cerca de los dioses”. ¿No te parece acaso la forma más antitética de hybris posible?

  3. olá, dende podgalego.org queremos parabenizarte por ter gañado o I Concurs de Podcasts Poeticoartístics. Somos poucos aínda os galegos que facemos podcastes, e sempre son benvidas novas voces e novos xeitos de facelos, anímaste a seguir dándolle? 🙂

  4. Supoño que somos algunha máis as que sentimos iso cando vemos House. Non é pola mensaxe, é pola ausencia de certas mensaxes. As invisibles sempre son as mesmas. Refírome ás mensaxes, claro.

  5. david: nunca poderei contraatacar o Vómito das Ninfas. Son falíbel. Creo que debía dicircho.

    bruno: hace un tiempo leí algo muy enrevesado sobre la hybris griega en un libro que hablaba del laberinto de Creta. Se afirmaba que hybris quería decir algo así como “ofensa a los dioses”. Lo que hace Prometeo hurtándoles el fuego, por ejemplo. La hybris siempre era castigada con suplicios (Tántalo, Sísifo, Ixión). No sé si ese término es el origen del híbrido. Si es así, resultan conceptos bastante antitéticos, en efecto. Utilicé ese hybris hybris en el título para dar idea de una especie nueva (como bufo bufo, el sapo) basada en el concepto de mezcla impura.

    En cuanto al ejemplo que pones, de unión de alma y cuerpo, “la hybris más genuinamente vinculada a la idea de pureza” y ese premio de volver a estar cerca de los dioses…mmm… depende: los dioses son híbridos? No tienen alma inmortal pero deseos y bajezas humanos? No caen en nuestros mismos vicios y errores? Entonces el alma purificada tras el orfismo volverá a hibridarse en un cuerpo mortal o, si no, en las veleidades mortales de las divinidades. Que son tan impuras como pura es el alma.

    De qué le sirve a un alma pura andar vagando sola por ahí? Puede perderse en el bosque oscuro impuro…

    alberto: me gusta ese “uys”

  6. Yo me refería a una “nueva” especie – el hombre – basada en la mezcla “impura” por antonomasia: el cuerpo – impuro por corruptible – y el alma – pura por eterna, ideal. Sólo quería hacer notar lo híbrido del contraste entre lo material y lo inmaterial, fórmula imposible de la condición humana. Es en Grecia donde surge la noción de que la idea es superior a la materia, concebida como ananké – fatalidad -, pura pasividad inerte, copia deteriorada de lo eidético, mero receptáculo de la forma, de la esencia. Esa es la raíz de la metafísica. Y del galimatías subsequente.

  7. Jajaja. Qué disquisiciones que tenemos! Pues sí, es verdad eso que dices: el hombre ya es la “mezcla impura por antonomasia”, de alma y cuerpo. “Fórmula imposible de la condición humana”. He intentado hacer un híbrido de un híbrido. Cuándo habremos perdido el original? La vida se fotocopia…

    Recuerdo que en clase de filosofía de 3º, un hermano marista feo, taciturno, que nos ponía a Kubrick y con pinta de haberse fugado de Auschwitz escribió en la pizarra: Sema Soma. Lo decía Platón: el cuerpo es la tumba del alma, o su cárcel o algo así. A veces la filosofía es un mero juego de palabras.

    Como la metafísica, que simplemente denominó a la macedonia de libros que iban más allá de la física, pero que no formaban necesariamente un corpus homogéneo. No? Bueno, tú sabrás mucho más de esto que yo.

    Sema soma. Voy a alimentar con mis impurezas sepulcrales el cuerpo de un niño muy pequeñito que lleva un rato llorando.

    Qué significa eidético? Puedo teclearlo en google pero prefiero teclearlo en bruno

  8. Eidético es simplemente lo referido al mundo de las ideas. Hubo un tiempo en el que ese mundo no sólo existía, sino que era el mismísimo género supremo del ser. El misterio se aclara un tanto si tenemos en cuenta que en aquel entonces la materia del mundo supraceleste – hiperuranio – es el éter – el quinto elemento o la quintaesencia -. El éter, hasta la edad moderna, no es engendrado ni corruptible ni está sujeto a modificación – a excepción del mero movimiento local circular de las esferas celestes que no supone cambio sustancial alguno sino tan sólo accidental – como demuestra la mera experiencia empírica de los hombres de todas las épocas que siempre han visto los cielos como ingénitos e indestructibles, inmaculados. Lo que quiero decir es que el éter, lo eterno, tenía para el hombre antiguo una entidad tan real como que era directamente perceptible mediante los sentidos, sin necesidad de mediación racional de ningún tipo, es decir, poseía fisicidad. El alma venía de allí y allí podía volver. En fin…que desilusión nos hemos llevado después. Aunque reconocerás que conmueve lo tragicómico del equívoco, ¿no?

  9. O mundo do híbrido é fascinante. Todo realmente está mesturado na natureza, mais se nos apoiamos nas imaxes antigas que o explican entramos no terreo da Tradición. Neste sentido, os deuses non teñen “defectos humanos”, senón “caprichos” na interpretación do seu poder incomprendido polo home, que sofre as consecuencias por estar á súa mercé. Cando o humano atinxe o verdadeiro coñecemento deixa de perceber as accións naturais como contraditorias e percibe o seu sentido (Neo de Matrix visualizando as tripas do sistema e mudándoo intuitivamente para controlalo). Por outra parte, os híbridos son unha forma, como todas as historias míticas, de mostrarnos con simpleza realidades espirituais mediante un imaxinario que dalgún modo podamos entender todos (cada un ao seu nivel, segundo din). Así, por exemplo, a imaxe dunha alma presa no cárcere do corpo, ou a imaxe do andróxino como símbolo da plenitude humana despois da transformación espiritual (corporizar o espírito e espiritualizar o corpo). Outras, como o exterminio do dragón por parte do heroi ou da madrastra de Branca de Neve (non na versión Disney, por favor), deben ir no sentido do dominio do corpo polo espírito para dar paso a unha nova fase de coñecemento, moitas veces marcada pola morte e a resurrección posterior.
    Sobre os monstros veño de ver ultimamente Freaks, de Tod Browning: chapeau!

  10. Ola Estibaliz!!!!!
    Hai séculos que non sei de ti, mamá híbrida!!!
    Que tal vai todo? e o nenio?
    Por certo, encantoume este post, tan orixinal, tan extraterrestre e lunar, oceánico, tridimensional, e con David Bowie e The Cure incluídos (que me encantan!!!)
    A miña noraboa
    Agardo poder verte algún día
    Unha aperta agarimosa e máxica para ti linda, de Yoli López (que xa teño blog)
    http://moralla.blogspot.com

  11. Pingback: lista de detalles que che reconcilian coa especie humana « …mmmm…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s