bifurco de vieiros que se xardinan

Exercerei, pois, de anfitriona de links e páxinas que vou atopando. Internet fala tanto de si mesma como a televisión. Así vaise ganchillando unha rede enorme contra a que botamos e rebotamos coma un pale blue dot.com

E, tras esta sana ocorrencia, vexamos que raios atopou a criatura mecánica.

Nesta cidade viven estas dúas mulleres e a terceira, que as fotografou. Non as coñezo personalmente. Somentes dei con elas e co seu traballo. Noivas góticas. Consortes transilvanas. Elisabetas. Erzsébets Bathorys. E todo na Praia das Lapas, semella, xunto á Torre de Hércules. As damas de Xerión? As de Breogán?

As de Hércules?

Alégrame telas atopado a tan poucas iardas de min.

Vivifican esta ciudade.

Obxecto fetiche de hoxe: unha foto de meu irmán aos 12 con luvas de boxeador

Banda sonora : Schism. Tool

Memoria para enxertos futuros: é difícil que sobreviva un xirasol nunha maceta

2 pensamentos sobre “bifurco de vieiros que se xardinan

  1. A máis alta é a minha amiga inma, e a súa irmá, a fotógrafa,é Becki (dosismortal)Ten flickr e fototlog, búscaos, porque é moi boa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: