1.- Confeccionar unha lista de cousas ridículas. E lela
2.- Alguén moi corpulento paseando un chihuahua
3.- O arroz para microondas. As tortillas envasadas ao baleiro
4.- Todo o que leva escrito VIP
5.- A modalidade de marcha deportiva
6.- Bush falando con xornalistas. Bush falando co seu urólogo. Bush falando
7.- As maquinillas barbeadoras de naris
8.- Un pavo asado. Un pavo correndo sen cabeza. Chopped de pavo
9.- Os tipos da ORA
10.- Ese aceno, de repente universal, para dicir “entre aspas”
11.- Os alieníxenas das películas -salvo Alien, abofé-
12.- Alguén situado ante unha suposta obra de arte intenta expresar qué remota cousa lle suxire
13.- Esforzarse por non ser ridículo. Isto último entra, ademais, no reino do patético
14.- Os autocompracentes. Parécense enormemente a pavos asados. Ver ítem número 8 desta mesma lista
15.- Argumentos para xustificar autocompracencia
16.- Os que non saben que facer cos cartos
17.- Os que non saben ridiculizarse dignamente
18.- O prezo na sola dun zapato. Canto máis caro é o zapato, máis ridícula é a pisada
19.- Interpretacións estándar de Hollywood, por exemplo: o soldado que berra disparando raxadas de metralleta; o tipo que berra onda a amada morta, levantando peludas axilas ao estilo Brando [sen o appeal de Brando]; poñer morros [mulleres que non levan dose suficiente de silicona nin de seguridade]; que leamos nos beizos que din “guau”, “wow”, etc…
20.- Bailar sen ganas
21.- Os diálogos dunha peli porno
[…]
Como todas, esta é unha lista aberta.
Memoria para enxertos futuros: cómo elaborar licor de guindas salvaxes galego-portuguesas caseiro: guindas, salvaxismo, conxuro da queimada, augardente, zucre, canela, botella de cristal, paciencia.
Obxecto fetiche de hoxe: os debuxos de María Pascual. Gardo mesmo unha Biblia ilustrada por ela. Difícil atopar debuxos seus na rede.
De onde sacas tantísima imaxinación??
Os meus parabéns
E moi feliz verán para ti, o “tetetete” and company
bica de Yoli 😉
-los festivales de rock por la paz
-los niños y niñas recitando poesia
-La coruña, los que pensan que es la ciiudad mas bonita del mundo
-el corte de pelo a capas y el bolso a juego con el cinturón
-la moda veraniega del rojo y blanco
-la moda veraniega del negro y blanco
-la vena de maria patiño
-los que presumen de coche
-los jefes de planta del corte inglés
-los pendientes de Beckam
-los pechos palomo
-el bigote de aznar
-las braguetas nauticas de verano azul
-los que se anuncian en las pag. de contacto gay en gallumbos calvin klein
unha bica, yoli, unha bica e moitas babas [xa sabes…]
alberto, a min as nenas con coletas recitando poesía de gloria fuertes gústanme moito. E as que recitan a Agujero llamado Nevermore de Panero, tamén. Todo o demais, suscribo. Por certo, o primeiro peito pombo da historia foi Charlton Heston?
E coido que algún día o corte de pelo a capas e o bolso a xogo co cinturón será, simplemente, un capítulo máis – o 3545- de Cuéntame. E haberá mocos sorbidos con disimulo, haberá
ten razón Moralla, es unha fonte fabulosa de maxia e encanto! Apertísimas!
visto así…, aunque nunca he visto a un niño recitar a Panero…, los recuerdos k tengo son más de verguenza ajena…
sería Ana Obregón un pecho palomo o un pecho paloma en este caso?