fotografía: Sophie Delaporte
A precocidade:
cheguei a ela demasiado axiña. Durmía aínda
o seu prodixioso soño de mozarts e michaeljacksons
Recostei ao seu carón
coa miña libreta de debuxos sen nariz
as miñas composicións feitas sen solfeo
unha filosofía de andar por casa, de andar nada máis que por casa,
sen jet lag nin souvenirs.
Recostei i espertei demasiado tarde.
Cando xa pasara todo.
E a miña curiosidade sexual rebasaba a vintena.
Cando a curiosidade dos demais hibernaba para sempre.
Cheguei á precocidade cedo dabondo como para saber dos seus timos
e de que daría canto teño -que hoxe en día ascende a moitismo- por seguir chegando tarde a todas partes
por non ser precoz nin arriscada nin vangardista
senón serodia, retraída, retagardista
sempre vixiando dende o fondo dun xardín de infancia
a estúpida composición do mundo e a súa xente que corre e desmoroa
e tira tantas fotos de todo o que non ve
i exacula precozmente
conceptos definitivos
obras inmorredeiras
puntas de frecha que enferruxarán
antes de dar co corazón da mazá
…
BSO: Air, Venus
Obxecto fetiche de hoxe: todo o que porta a maleta dun inmigrante. Todo o que deixa. Todo o que extravía no camiño
Memoria para enxertos futuros: recuperación dunha sensación. Da adolescencia. Mesmo da nenez. Sen estímulos aparentes do mundo exterior. Só activando poeirentas corredoiras cerebrais
La precocidad es tan necesaria a veces como la madurez.
Olá!
Queria te enviar um correio, para fazer-che umha proposta (decente). Se podes, escreve-me para ilugrisarrobahotmailpontocom.
Bicos,
igor