Verdadeiramente, son raros os homes que lograron non seren escravos da época que lles tocou vivir. E non digamos as mulleres.
Algunha vez seremos examinados por alguén como bacterias no cristal dun microscopio. Ás veces, cando me ducho, cando remoloneo na cama, viaxo a 140 pola autoestrada ou asisto como oínte a unha charla de oblicuo interese, matino nas cousas que dirán de nós no futuro. Os do futuro. Eses idiotas sobreestimados.
O seu que dirán, naturalmente, impórtame unha figa. É máis ben o noso isto non pode mudar o que me fai gracia. Os nosos netos… ollarán con candor as nosas fotos como obxectos infantís? Nós mesmos miramos con paternalismo aos nosos avós, esforzados por parecer rectos e solemnes en fotos artificiosas nas que pousaban con roupa emprestada e beizos coloreados…
Así que hoxe, 20 de xaneiro de 2008, penso…
que han dicir de nós as e os do futuro? Presupoñemos que existirán. Sendo así, dirán algo? Talvez, por exemplo…:
Dior mío, aínda dicían cousas como dios mío. E eu. E conferencia. E dereitos de autor
Dior mío, aínda queimaban petróleo
Dior mío, comían vacas
Dior mío, non coñecían o groc, a mimia, o netarismo
Que animais, drogando ata a castración aos que diagnosticaban de enfermos mentais
Non sabían nin pisca do cerebro
Que patéticos, con conexión por cablemódem
Que indefensos, dependendo das baterías
Que crédulos, partillando a lúa en leiras
Viches? Mesmo confiaban na democracia coma no mellor dos mundos posíbeis
Fíxate se serían supersticiosos: crían nas ciencias exactas!
Dior mío, como serían quen de vivir nesas casas?
Dior mío, como poderían aturar ese cheiro a colonia, a desodorante, a perfume? A alcohol?
Que riquiños, tomaban café
Que repugnantes, tomaban café
Estaban obsesionados ad absurdum con ser significativos! Todo tiña por forza que significar algo: os seus nomes propios, as formas das nubes, o comportamento das partículas subatómicas…
A xente morría dun simple cancro
Aínda crían no progreso e chamaban a outros primitivos
Pero se pensaban que a novela era o summum da cultura escrita
A sinestesia para eles non era máis ca unha patoloxía
Que cantidade de fotos, vídeos, rexistros de todo tipo estaban empeñados en tomar
A xustiza era humana!
Aínda non sabían todo iso das árbores
Aínda non sabían todo iso da antimateria
Aínda non se descubrira a biomoloxía
Os seus debuxos animados eran así!
Consideraban que o ser humano estaba destinado a vivir… 400 anos!
Cociñaban os cogomelos!
As súas guerras! Jajajaja!
As súas películas… quen as entende? Son leeeeentas e a definición, baixísima
Non sospeitaban que nós diríamos isto deles
Non sospeitaban que nós non diríamos nada deles
A iso chamábanlle sinxelamente sorte
A aquilo chamábanlle, complicadamente, destino
Os seus vídeoxogos… pfff. Para os museos
Practicaban o sexo así!
Practicaban o sexo!
Non practicaban o sexo, pero crían que si!
A interfecta que escribíu isto era eu
A clase política cobraba!
Traballaban por lei 40 horas á semana e na realidade moito máis!
Iso e iso e tamén iso era todo ilegal
En troques, ……mmmm…… estaba legalizado e a xente consumíao sen problemas en lugares públicos e perante os fillos!
Como podían…?
Eran parvos
Eran espilidos
Eran demasiados
Estíbaliz.. Espinosa, xaneiro 2008
as dúas imaxes son de M. C. Escher
Que Dior nos colha confessados e cheirando a algum dos seus perfumes… parabens polo publicado na Regueifa e por este blogue que vou a incluir na minha listagem de cousas que mirar.
que ilustracións tan fantásticas!! de quen serán?
grazas, modernodemerda :]
roi buligan, ao final da entrada figura o nome do autor dos debuxos, linkado a unha páxina de flickr con máis obra súa
Quería eu engadir que probases o polbo á plancha. Despois poda que devezas tamén desa guisa por él…
Saúdos dende a Chousa
Chousa da Alcandra… tá ben
Saudirmo
Meu deus, e pensaban isto do futuro
Give me back my broken night
my mirrored room, my secret life
it’s lonely here,
there’s no one left to torture
Give me absolute control
over every living soul
And lie beside me, baby,
that’s an order!
Give me crack and anal sex
Take the only tree that’s left
and stuff it up the hole
in your culture
Give me back the Berlin wall
give me Stalin and St Paul
I’ve seen the future, brother:
it is murder.
Things are going to slide, slide in all directions
Won’t be nothing
Nothing you can measure anymore
The blizzard, the blizzard of the world
has crossed the threshold
and it has overturned
the order of the soul
When they said REPENT REPENT
I wonder what they meant
When they said REPENT REPENT
I wonder what they meant
When they said REPENT REPENT
I wonder what they meant
You don’t know me from the wind
you never will, you never did
I’m the little jew
who wrote the Bible
I’ve seen the nations rise and fall
I’ve heard their stories, heard them all
but love’s the only engine of survival
Your servant here, he has been told
to say it clear, to say it cold:
It’s over, it ain’t going
any further
And now the wheels of heaven stop
you feel the devil’s riding crop
Get ready for the future:
it is murder
Things are going to slide …
There’ll be the breaking of the ancient
western code
Your private life will suddenly explode
There’ll be phantoms
There’ll be fires on the road
and the white man dancing
You’ll see a woman
hanging upside down
her features covered by her fallen gown
and all the lousy little poets
coming round
tryin’ to sound like Charlie Manson
and the white man dancin’
Give me back the Berlin wall
Give me Stalin and St Paul
Give me Christ
or give me Hiroshima
Destroy another fetus now
We don’t like children anyhow
I’ve seen the future, baby:
it is murder
Things are going to slide …
When they said REPENT REPENT …
L. Cohen-
Vagamundos: a letra é tremenda, si. Unha especie de apocalipse do occidental?
pero que podemos engadir nós ao señor Cohen, nós lousy little poets…?
As veces é necesario o colapso para a reconstrucción.
Posiblemente de nós pensarán:
Meu deus, tiñan deuses
Meu deus, creian en bandeiras e fronteras
Meu deus pensaban que se podían deter os famentos e desesperados con esas fronteras
Meu deus creian nun senso social da existencia
Meu deus pensaban que eran propietarios da terra e comprabana e vendiana
…
meu deus, vivían en casas que remataban de pagar os seus fillos
E dirán: “mira as cousas que dicían estes sobre o futuro”
cristinha, hoxe veño de coñecer a xentes que te concernen. Foi simpático. Noraboa por ese novo blog :]
zerovacas, tá claro. Imos ser o “faimerrir” dos futurísticos
vagamundos, jo, se se perde o senso social da existencia… a ver de que carallo viven os do futuro. Porque estou convencida de que hai moita xente que segue viva neste planeta só porque existen outros
Moitas grazas a todos polas vosas achegas. Este blog ponse tan interesante con elas que dáme ganas de lelo. Esquecín poñelo pero, como sempre, está é unha lista aberta. Menos mal que mo lembrades. E podemos seguir así… ata o futuro, mesmamente. Veña, engadide máis, que non nos queda nada…
xa me contaron, foi unha pena perdelo…a próxima será, entón
e vaia se me concernen, tanto que cando chegaron metéronme na cociña!!e o onionboy non probou a sopa de langostino que lles preparei!!
bueno, pero eu sei dalgo que non lles vai parecer mal: as nosas lecturas poéticas. 😉 Apertas!
hola que tal,no se que contarte,un beso
ya se que contarte,enviame algo tuyo por correo,no se lo que se te ocurra,un libro,una carta,un beso,no se algo bonito.gracias por atenderme estibaliz,un beso,ya sabes mi direccion,sin compromisos,besiños