oz dentro de oz inside oz во внутрь oz dedans oz

infinite-oz.jpg

Do macro ao micro. Semella que os humanos xa podemos movernos do macro ao micro coa soltura dun zoom. Do colapso dunha estrela aos desvaríos dun neutrino. Dunha multinacional en 3 continentes a unha tenda de comestibles chamada Fina. Dos asoballadores aos asoballados. Imos do colosal ao insignificante pasando polo humano.

O mecanismo do zoom xa vai incrustado no noso código xenético.

Mentres tanto, poden exercitalo nos seus momentos de lecer. Esta páxina brillante pode virlles como anel ao dedo. O tema é outro cover máis da historia do prodixioso Mago de Oz.

Trátase dunha promoción. Unha promoción da miniserie Tin Man do SciFi Channel, levada a cabo en Flash por 9 artistas. Simple e vulgar publicidade. Publicidade en forma de bucle infinto ou droste effect ou mise en abîme. Ou, se son de por aquí, abismo Mondariz.

Pero pérdanse.

4 thoughts on “oz dentro de oz inside oz во внутрь oz dedans oz

  1. Todalas macrocifras esconden un montón de microdramas. O meu zoom actívase especialmente coas matemáticas e a música, nada me fai entender tan ben o infinito encerrado nun punto…

    Como Borges frente ao Aleph

  2. Está ben esa frase de tódalas macrocifras esconden un montón de microdramas. Coido que podería ser un bo lema para algún Cumio destes do G-8. O de Xapón que toca este ano…

  3. Encantada de reatoparte no blogocosmos, tíñate un pouco perdida! Quería comentarche unha cousa pero non atopo dirección de correo á vista; a miña está no meu perfil, se podes ponte en contacto comigo. Bicos vermellos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s