conversas que levou o nordés

dscn0540.jpg

Aeroxeneradores e venticulares. Collection privée, E...E

-abúrrome

-de que?

-de que que?

– que de que te aburres, irmán
-abúrrome do aburrimento
-demasiado tautolóxico
-abúrrome de ser un de tantos
-demasiado esperábel
-abúrrome de darlle voltas sempre ás mesmas cousas
-demasiado posmodernuki
-abúrrome destas vistas que quitan o alento
-demasiado indolente
-abúrrome de non ser un cabaleiro andante e ti o meu escudeiro
-demasiado intertextual
-abúrrome dos paxaros
-demasiado cruel
-abúrrome do universo nocturno
-demasiado
-abúrrome de que me tiren fotos como a o home elefante
-demasiado primitivo
-abúrrome do vento
-demasiado freudiano
-abúrrome de ti
-demasiado tarde

Conversa capturada dun aeroxenerador a outro de camiño a Muros. Alto de Paxareiras. Un día de tantos, deses que son venres ou domingo

14 thoughts on “conversas que levou o nordés

  1. hormiga: si, aburrirse é cada vez máis un luxo só ao alcance dos enxendros mecánicos.

    bruno: baixo este sol, todo, ata unha pedrolo do camiño, é susceptíbel de ter ego. Tanto budismo non servíu para nada, raios

    chousa: ollomoles? dilo polo diálogo de? eses diálogos son enormemente constructivos, mira calquera debate político e aprende, que así fan país. En canto ao albariño, pode levarse a calquera accidente xeográfico, mesmo a unha fosa oceánica

  2. E cando digo que non me aburro non se debe a que esté ocupadísima traballando e estresada. Senón que nos moitos momentos do día que estou en babia, pensando en quen sabe que caralladas, non teño a sensación de aburrimento.

  3. grazas a todos polos vosos segundiños deitados aquí… permitídeme vampirizárvolos un pouquichiño, por fa

    torredebabel: totalmente de acordo

    hormiga: estón ti es da s que ten un aburrimento productivo, dos que non se notan

    loish: xa lle botei un ollo ao blog. Teñen un monográfico de nubes

    sacou: eim?

    roi buligan: moitas grazas, raios. Trastórname vostede

  4. Pingback: servos de eolo na revolución do vento « …mmmm…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s