flor carnívora, flor suíza, flor

na imaxe: Fleur Jaeggy

Por algunha casualidade que non logro explicarme, moitos dos meus escritores preferidos resulta que son escritoras.

Non falo de discriminacións positivas. Dixen moitos de. Outros moitos seguen sendo -ores. E seguirán sendo –ores. E seguramente haberá unha porcentaxe que ignoro de transexuais e se cadra de asexuais. E de amebas. E de chimpancés cunha olivetti. O cal é irrelevante para o tema do que quero falar. Polo tanto…

sigo.

Non teman: non son sospeitosa de ser feminista de raíz [pero rózoo, rózoo, eis a gracia, idiotas]. As miñas mulleres predilectas. Son moitas. Criei nunha órbita feminina. Non todo o mundo obtén da vida ese orfo privilexio. Nalgúns casos toma a forma de desgraza, pero unha desgraza ao cabo do tempo tamén é un xeito de costume.

Temos por costume humano agradecer os costumes humanos.

Nunha órbita feminina os puntos de ancoraxe na terra son mulleres. Entre as mulleres predilectas que lembro na miña nenez había bastantes actrices. Había poucas filósofas ou compositoras. Unha científica. E moitas escritoras.

Co tempo, e de maneira como xa dixen casual, as mulleres predilectas foron sendo cada vez máis e por máis motivos. Das Simone, Rosalía ou Ingeborg orixinais [esta última agasallo do meu irmán] dun xeito paseniño como a explosión dunha supernova no firmamento, fun achegándome a seres sempre en órbita, sempre algo marxinais dos cánones, sempre como termos marcados: femininos. E non só falo dos grandes nomes da literatura ou da música. Falo tamén das María Pascual que ilustraban os libros da infancia, das Purita Campos, Borita Casas, Tracy Chapmans ou Madonnas que rechearon a preadolescencia dunha especie de hormigón rosa.

Despois as Mary Shelley, as Clarice, as Frida, as Emily. As Wislawa. As Teresa. As Juana Inés. As Virginia. As Amélie. As Agota. As Colette.

As Sei.

-no medio había PJ, había María, había Janet Baker, Billie, Ella, Sarah, Björk, Cecilia, Isabelle, Buika, Maruja

E Fleur.

Fleur merece un punto e aparte. Este.

Fleur merece puntos suspensivos. Velaí…

Fleur podería ser un Thomas Bernhard que non provoca vómitos. Nin insomnio. Nin cefalea. Pero que circunda todo iso dun xeito subcutáneo, febril. Unha distante dama que corta. Non é bo dicir demasiado de Fleur. Non é bo que a coñezan demasiado. Adiei este post varios meses, varios anos, porque non quería compartila. Non quería que coñecesen esa flor rara, esa flor medio suíza, velenosa, alpina, carnívora, azulada, esa flor animal disfrazada de rocha entre os libros onde se acumulan

as historias estúpidas

os egos astrinxentes

as tramas que ofenden a un leitor medio

as tramas que ofenden a calquera, sexa leitor ou non

As chorradas. Fleur non. É abominable. É violenta. É anti-autocompasiva.

Como as flores. A súa sensitividade é distinta. A súa, si. É distinta. Menos trillada. Menos topicaza. Un pouco menos insoportábel que o resto de sensitividades. Algo máis vexetal. Algo máis umbría.

Unha flor entre a merda literaria. Que é moita. E moi variada.

Los hermosos años del castigo

Proleterka

Temor del cielo

El ángel de la guarda

Letras de Franco Battiato [?]

Todo iso. De Fleur Jaeggy.

Memoria para enxertos futuros: Fleur apenas deixa retratos. A imaxe de arriba é un dos dous que lle coñezo. Hai pouco escribín este comentario nun blog que criticaba a introducción dunha obra [La princesa de Clèves] na que se xulgaba á lixeira o aspecto e intencións da autora:

Sin embargo, y sin ánimo de ofender -ni ningún otro tipo de ánimo-, tal vez exista en la fisonomía de los autores algo que aunque en nada afecte a su genio sí alimente nuestro morbo o nuestra curiosidad. O nuestro estómago.

No quiero decir con esto que las afirmaciones sobre la Lafayette en una introducción pseudoliteraria estén justificadas. Sobre todo porque el estilo de la introductora Persona Ana María es gazmoño y autocomplaciente. Pero sí que en el fondo, agradezco esos libros con foto de autor. Y no sólo de escritores, de científicos o escapistas del XIX. Me detengo en sus caras. Y naturalmente, juzgo si los retratados son guapos o feos, atractivos o repelentes, elegantes o birollos. Dignos. O indignos.

Por eso Pynchon o Salinger tienen ese punto irritante y un poco descorazonador. No nos permiten estudiar sus rasgos y decidir que su cara es del montón. O una soberana mierda.

Nos condenan a su literatura

13 thoughts on “flor carnívora, flor suíza, flor

  1. Con algunhas excepcions (margueritte, anais, mary, marie), eu son fan do masculino… e tampouco sabería dicir por que.

    Digamos que antes que a janis joplin, anque me gusta, gosto máis do seu amado amante Leonard Cohen.

    Biquiños

  2. Levo unha semana pensando nas miradas da xente e hoxe dou con esa imaxe de Fleur Jaeggy. A súa, ten algo de impertinente, resulta irónica e punzante. E atrae, como se tivera imáns en lugar de ollos. As súas mans son máis vellas que a súa cara, sen dudalo, diría que ten ollos de adolescente. Non coñezo aínda esta flor, pero uns ollos que miran así teñen que contar algo estremecedor.

    Saúdos!

  3. Xa que PJ está dentro da lista de admiracións

    (femininas)

    Que é de Patti Smith?

    Go Rimbaud, go Rimbaud…

  4. Vagamundos: Grazas. Tamén me gusta bastante Cohen.

    Malaquita Verde: verdadeiramente diches no cravo: Jaeggy é impertinente, irónica e punzante. E cxonta cousas aparentemente banais pero estremecedoras

    Anónima: Patti Smith supoño que estará ben, tomándose un baño neste momento na súa casiña. Pero non teño por que elixila dentro dunha lista finita dun mundo infinito. Se tivese que remontarme a todas influencias musicais acabaría probablemente no século XI, en Hildegarda von Bingen. Supoño que estará entre as túas predileccións e non sabes canto te felicito por iso.

    PJ Harvey coido que xa ten obra abondo para xustificarse soa.

    Boudica: é un xogo de palabras abraiante ese, un malabarismo lingüístico que, francamente, deixoume pampa por orixinal, por innovador, por transgresor…

    Terías que glosalo un pouquichiño máis para que o mundo saiba realmente que carallo queres criticar e poida aplaudirte como mereces.

  5. Bo intento…
    Pero as palabras, as letras (agas “omega”) non son un xogo.
    Recarallo (refalo): non son un xogo.
    Bos días.

  6. Reparou Edelmiro na posibilidade de que algúns dos libros que lera ultimamente fosen escritos por transexuais, por asexuais, por amebas ou por chimpancés. Tras darlle voltas ás peculiaridades destes colectivos, concluíu que non habería especial motivo de preocupación e que, polo que a el respecta, mentres sigan escribindo, el seguirá lendo.
    Pero chegou a un obstáculo infranqueábel: a olivetti. Ubi cona est?

  7. Non coñezo a case ningunha das que citas; pero gosto do que ti escribes (agás que nos chames idiotas, ainda que o taches). Xa que elas te influenzan e te preñan de cultura, ainda sin coñecelas, chegan a min no teu parto literario.

  8. Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Para máis información:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

  9. Estíbaliz, la última vez que nos vimos -o eso recuerdo- fue delante de una botella de Guillermo I.

    O de una botella de ginebra con una Torre de Hécules pintada en la etiqueta.

    Hace más de 25 años.

    Me has hecho llorar recordando lo que fui.

  10. The Last in Line: espere un momento… hace más de 25 años yo tenía 7 u 8. No creo que me diese a la bebida. Pero Guillermo I o la botella de ginebra con la Torre de Hércules son las que destilaba mi abuelo…

    … es usted familia???

    Chousa da Alcandra: grazas, es moi cortés. Supoño que sobra dicirche que o de idiotas é a mantenta

    Edelmiro Silveira: que ben saudarte de novo, ho. Xa desvelado o misterio. Olivetti? Na sala da casa da miña nai hai unha metida nunha funda. Aínda está cargada. Con ela escribín moitos cadavres…
    Longa vida ao teu bloch! Que o wordpress te acompañe!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s