Mañá presentamos Curiosidade no Planetario! Acompañaranos a Libraría Lume con exemplares… E xa sabedes que no Planetario a noite sempre acompaña… Acompáñasnos?
Arquivo de categoría:literatura
piano e poesía do premio Afundación- Pen Galicia. As neuronas irmás
Recital de poemas e música de «…as neuronas irmás…», XV premio de poesía Afundación-Pen Galicia, acompañada ao piano por Isabel G. Alonso, que interpreta a Satie, Einaudi, Debussy, David Bowie, Antony and the Johnsons e Bach. Entrega de premios celebrada o 9 de maio de 2018 na Sede de Afundación da Coruña.
Que cousa abraiante é un libro, Carl Sagan
Sigo coa teima de traducir [que teima tes, neniña] e coa teima dos vasos comunicantes entre ciencia e literatura. E sigo, claro, traducindo a Sagan. Feliz Día do Libro. Este fragmento pertence á serie [e ao libro] Cosmos. «Que cousa abraiante é un libro. Un obxecto plano feito a partir dunha árbore con partes flexiblesSeguir lendo “Que cousa abraiante é un libro, Carl Sagan”
Unha poeta na corte da astronomía: Naukas Coruña 2017
Este foi o espectacular programa da edición de Naukas na Coruña en febreiro de 2017, celebrado no Teatro Rosalía de Castro baixo o título «La vida, el universo y todo lo demás» que, como dicía Troy McLure, lembraredes xa de… Todas as unidades baseadas no carbono que figuran aí dedícanse en maior ou menor medida áSeguir lendo “Unha poeta na corte da astronomía: Naukas Coruña 2017”
Presentación Curiosidade en Vigo
Notas á OSG: Chaikovski e Prokofiev
Notas de programa que escribín para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia celebrado os días 9 e 10 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña baixo a batuta de Andrew Litton. Aquí podes ler a reseña deste concerto escrita por Julio Andrade Malde para La Opinión E aquí podes disfrutar de todas asSeguir lendo “Notas á OSG: Chaikovski e Prokofiev”
escritora ti? non
E ti pregúntasme que significa ser escritora? Está claro que ti, querida Eduarda, non o es. Levas escribindo dende os 6 anos pero a ver se vas crer que iso significa ser escritora. Publicaches máis de media ducia de libros. Pero iso non significa ser escritora. Nin ter participado en máis de 60 libros colectivos.Seguir lendo “escritora ti? non”
un videopoema
Hai moitos anos eu gravava vídeopoemas co móbil. Vídeos infames coma este ou coma este. Tan tan arrepiantes que xustificaron unha expulsión inmediata da sinagoga cultural e un linchamento nas redes sociais daquela – linchamento do que por suposto eu tiven toda a culpa -por parte da xente que sabía máis-moito-mellor do tema, malia queSeguir lendo “un videopoema”
Made on Earth by humans
Esta é a imaxe REAL [non as míticas recreacións artísticas ás que estamos acostumad*s en astronomía] sen dúbida extraordinaria de SpaceX: o manequín Starman [si, polo mítico tema de Bowie] a bordo dun Tesla descapotable vermello na cápsula enviada polo vehículo de lanzamento espacial Falcon Heavy o pasado 6 de febreiro dende EEUU. A cápsulaSeguir lendo “Made on Earth by humans”
Día da Muller e a Nena na Ciencia
A profesora de tecnoloxía do IES Menéndez Pidal da Coruña, Paz Freire Campo, convidoume polo Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra hoxe 11 de febreiro, dende o ano 2015. Cando amosei unha imaxe da Vía Láctea, só 5 adolescentes dun total duns 60 viran algunha vez a nosa galaxia. IgualSeguir lendo “Día da Muller e a Nena na Ciencia”