A miña contribución ao número 2 da SciFi Poesía da Editorial El Gaviero con debuxo de Pablo Gallo [vaian a ese link, vaian, non sexan tímidos. Pasen e vexan]
Sempre me gustaron os robots. Son tenros. Sobre todo os xigantes de ferro. Esfórzanse tanto en ser humanos, en ser malvados, en destruír o mundo. Son tan humanas as súas ficcións. As súas aficións. Tan pulp.
Veleiquí o manifesto da SciFi poesía elaborado por Pedro Miguel e Ana Santos, artesáns editores.
A quen poida interesare [a min]. A poesía. Quen carallo le poesía? Os poetas?
E os novelistas, novelas e os esquelistas, esquelas e os blogueiros, blogs e todo así. Ad nauseam infinitam.
O manifesto:
Gustame o concepto de poesís Sci-Fi. Será porque lle da un barniz cultureta á tan denigrada Sci-Fi (que mola tanto…)
que interesante
raíña vermella: vaia, pois o verniz cultureta á sci-fi non llo vira eu. Agora que o penso, preferiría que o camiño fose á inversa: que a denigrada sci-fi contaminase a solemnizada [e ás veces inaturábel] poesía, e non ao revés.
grazas polos vosos comentarios. Son a materia da que está feita a vida dun blog
Máquinas? Bah! Teño o mal de lembranza de cando Caronte rexeitoume porque non aceptaba tarxetas de crédito…
veño agora a este universo, como sempre e como nunca, coma se fose novo ainda que moito andiven por aquí. Veño porque é confortable, cálido e desacartonado, ainda que cheo de poesía. Bicos transoceánicos!
Bicas transoceánicas, torredebabel. Fíxome moita ilusión coñecerte.