satoris da ducha IV

imaxe de Elena Chernenko aka Kassandra

É tan evidente.

Malia o moito que lle pese ao meu admirado señor Bloom, antisociólogo, anticultural studies… non é evidente que a grandeza artística atribuída a, por dicir un calquera, Van Gogh, atópase nun punto indefinido da relación entre a súa obra – técnica, trazos, cromatismo, temas- e a súa personalidade, a súa vida e a súa morte?

Non todas as obras sostéñense por si mesmas. En moitas delas, o que sabemos do seu autor e a súa forma de plasmarse nelas constitúen o punch definitivo.

Por iso, recomendo a todo aquel que pretenda ser algoasícomo artista procure levar unha vida e desenvolva unha personalidade que superen en medio punto á súa obra. Talvez lle axude.

Claro que talvez non.

Isto pensaba hoxe na ducha mentres o chorro de auga fría evidenciaba, á súa vez, a triste fin dunha bombona de butano.

3 pensamentos sobre “satoris da ducha IV

  1. Desculpe a irrupción, vostede xa sabe como funciona esto dos blogs, hoxe abro estes, agora paro un pouco en x, despois pararei tamén e y, etc. Eu entrei algunhas veces neste …mmmm… e nunca deixei nada, mais hoxe… Foi co ‘satoris’ este seu que me lembrei doutro anterior, un no que entre corchetes ía escribindo ‘define normal’ e cousas así. Sorprendeume -simplemente- como acontece sempre que se bate con coincidencias producidas por eso que chamamos azar. Se nalgún momento non sabe como pasar uns minutos de apatía ou aburremento, pinche no link que lle adxunto e entenderá o que quero dicir:
    http://www.bio-lencia.blogspot.com/

    Se non lle importa, seguirei vindo de cando en vez.

    p.d.: o ‘paquo’ pareceume sublime (o post, digo).

  2. Tio Pepin: irrupción desculpada, faltaría máis. Para irrupcións tales teño aberta a porta dos comentarios, non crea. Grazas polo do paquo. Xa entrei en biolencia e si, vexo que nos inspira a mesma Campanilla ou o mesmo Trasno, e que desconfiamos das definicións. Probablemente lle suceda a máis xente, de certo que si. Que vai facer con tanta biolencia? Mire que é perxudicial reprimila.

    Alberto: un comentario que irritaría, unha vez máis, a Bloom, odiador de Foucault. Eu retocaría a frase, porque para iso este é o meu blog e me permito semellantes atropelos:

    Fai que a túa vida se escriba como unha obra mestra

    Se non, para que?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: