a orde dun cosmos no interior dun rostro

A orde dun cosmos no interior dun rostro.

Hai unhas semanas escribín un conto con ese título, se cadra provisional.

foto tomada por Sandra G. Rey http://www.flickr.com/pequesquimal

O feito de deixalo aquí e por escrito pode resultar definitivo e mesmo condenatorio se eu decido, por exemplo, presentar ese relato a un premio. Semella evidente que un blog non é un libro, e sen embargo todo este ballón de páxinas persoais actualizadas leva un tempo rillando como unha couza nesas brandas pastas de papel que son os conceptos de autoría, de edición, de  publicación. Fágome pública por verter cousas aquí? Deixo de ser inédita por falar dese conto, por penduralo neste espazo invisible para moitos?

Non penduro ese conto aquí. Gárdomo. Non vai maduro para editar, polo momento. Nin sequera aquí. Se isto que fago é editar. Éo?

A fin de contas… que raio quere dicir exactamente ser édito? Simplemente facer que un texto abandone un caixón ou -o que xa vén sendo o mesmo- un cómodo limbo de ceros e uns nun documento dunha carpeta dun ordenador persoal?

Estou publicando esta frase?

Ou non é moi diferente a pegala nun papel nun semáforo polo que pasa xente diversa de diversas nacionalidades, idades, estudos?

Realmente, que significa a efectos legais ter un blog? Se un abríu un blog hai 6 anos e xamais publicou un libro, pero pendura posts regularmente… pode chamarse escritor a si mesmo? Pode facelo con propiedade? Pode facelo con dignidade?

Escribe.

Cal é a diferenza? Os intermediarios? A infraestructura que decide, corrixe, edita, imprime, cola, fixa un prezo e distribúe e organiza unha presentación? Con todos os meus respectos, si. Pero se cadra ás veces esa infaestructura revelouse igual de parcial e subxectiva que un mesmo, en si mesmo, ensimesmado cando decide abrir un blog porque considera que ten algo moi importante que lle amosar ao mundo.

Son areas movedizas e tramposas. Eu teño publicado libros en papel pero sempre arrastrei un punxente pudor a me chamar escritora. Esperaba un recoñecemento por parte dos demais, un recoñecemento que, de non anticipalo un mesmo, non xorde espontaneamente. Non me bastou ter publicado 3 libros para me chamar escritora.

Faltoume ter lanzado algo ao meu estilo, na miña atmosfera. Faltoume escribir aquí.

Esa foi a dose que precisei.

Porque, dalgún xeito, é indubidable que aquí permanezo inédita. E iso proporcióname unha perspectiva moi diferente do que me queda por facer.

Virxindade.

5 pensamentos sobre “a orde dun cosmos no interior dun rostro

  1. Pois con este post xa pagaches a maquía desta muiñada. E polo poder que me confire ter lido 2 dos teus 3 libros publicados e algún que outro renglón deste blog; quedas nomeada escritora.
    (Tócoche alternativamente cun libro de poemas nun hombreir e no outro)

  2. grazas, chousa. Supoño que unha cousa así
    http://es.wikipedia.org/wiki/Imagen:Edmund_blair_leighton_accolade.jpg

    pero con libro en vez de espada.

    Ser escritor consiste nun estado mental. Dende logo, non considero que teña nada a ver en absoluto co que un leve publicado en papel, en blog ou en panfleto político-sentimental. Ten a ver co que un escribe, claro está, mais non menos coa súa disposición, gañas, proxectos e xeitos de achegarse ao que escribe e ao feito mesmo de escribir. Á propia literatura. Ten que existir esa perspectiva. Se non, non pasa de sintaxe.

    Hai xente que figura como autora en moitos ISBNs e non me parecen escritores nin de lonxe.

  3. O da imaxe: tal cal; unicamente que tiña que ser a moza (vostede) a que se axeonlla e o cabaleiro (eu) o que che toca os hombreiros co libro/espada. Non sei se faríamos tan esbelta a estampa (polo que a min respecta, claro), pero quedaría caralludo.

    No que respecta á reflexión, polo ben que te expresas, seguramente que tes razón. Incluso penso que en algún momento eu concordaría contigo; pero non debemos (nin ti nin eu) esquecer que “o ollo non é ollo polo feito de que ti o vexas: é ollo porque te ve” (Machado said; que manda moito carallo)

  4. Yo no entiendo mucho de lo que escribes aquí…….Admiro tu literatura, rompedora, muy novedosa…… Como tu tipo de belleza…….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: