memoria para enxertos futuros IV

Non esquezas isto: textos forenses. Descuartizados. Esgazados.

Falar dun texto estando dentro del, adoptar ese perspectivismo. Iso é. Isué. Todo o demais non paga a pena.

Esa achádega, si.

2 pensamentos sobre “memoria para enxertos futuros IV

  1. Estimada Estíbaliz: aínda que non te coñezo persoalmente e non sei de ti ningunha outra cousa que a que se deriva da túa imaxe de escritora, sobre todo a través da rede, mais tamén a través dos teus libros publicados, quero manifestarche a miña total solidariedade perante os insultos que estás a sufrir por parte dalgúns espectadores da túa performance na culturgal. Este é un país de covardes e de medioches, de xentes que botan ao PP logo do Prestige, de envexantes. E todo iso remata por sentirse no ambiente, por percibirse nas olladas da xente, que sofre porque ti estás onde a eles lles gustaría estar, porque ti es o que a eles lles gustaría ser. Son moito máis vello ca ti e, aínda que non che vou desvelar o meu nome, direiche que son unha persoa publicamente coñecida, recoñecida, e que vendo o teu caso, relembro episodios vividos noutros tempos. E xúroche que todo semella unha reedición do pasado. Sempre igual. Como se a historia se repetise. Así que, por favor, non os teñas en conta. Que non te cansen, que non fagan perder nin un átomo da túa frescura, da túa orixinalidade, da túa graza, do teu talento.
    Moito ánimo. E a seguir como se non pasase nada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: