casa de citas XVII

6394d5799832ed69b1ec71503d50ed5765aa9b0f_m

Modos de electrocutarte

Un estudo absurdamente preciso estima que un 28% de científicos destacados, un 60% de compositores, un 73% de pintores, un 77% de novelistas e un pasmoso 87% de poetas presentaron un certo grao de trastorno mental

Matt Ridley

Que nos fai humanos

Abráiame que non inclúan a políticos, actores ou directores de cine, teatro e TV nese absurdamente preciso estudo.

Actualização 25 de feb: tras a reflexión ao fío dos comentarios, o que verdadeiramente é inexplicable é que non inclúan a psiquiatras, constructores de urbanizacións, alcaldes, corredores de bolsa e directivos do FMI nese absurdamente preciso estudo.

E a moitos. Moitos. Moitos máis.

5 thoughts on “casa de citas XVII

  1. Só o 87% dos poetas? Sinto-o, mas penso que esse estudo nem é precisso nem é estudo. Isso sim, absurdo bem o parece.
    Porque entom teriamos que um 13% dos poetas nom apresentam nemgum certo grao de transtorno mental. E eu, a verdade, nom som capaz de contar tantos poetas que nom estejam mal da chaveta…
    Podem-se dar nomes?

  2. Hola boas noites, topeime con este blog por ¿casualidade?. O caso é q intento atopar coma tolo a melodía dun programa infantil q botaban na galega fai milenios, non podo lembralo. Nin sequera podo lembrar a melodía, so sei q lembro q m gustaba moito. Na miña desesperación decidín parar a deixar esta nota absurda coa esperanza de q alguén poida axudarme na miña procura. O programa era de contos, eran uns debuxos animados q creo q protagonizaba un coelliño branco q vivía nunha madriguera ó pé dunha árbore; e a melodía da cabeceira penso q tiña a letra en francés e a cantaba unha voz feminina moi doce. Se alguén m puidera axudar a atopar algunha pista sobre esa canción estaríalle eternamente agradecido, deixo un enderezo de contacto e visitarei o blog por se alguén éntralle a toleira e me axuda a atopala. O meu enderezo hesplorer@hotmail.com. Por certo chámome Raúl.

  3. i(gor): ai como lle escoiten nas altas instancias do ministerio de cultura dicir iso que di… Pois contareille algo: había un poeta, Arquíloco, que non estaba loco. Intentábao por todos os medios, sabía que sen ese touch of madness estaría perdido para a posteridade. Mesmo elixiu semellante alcume para suscitar opinións ambiguas verbo da súa condición mental. Pero nada. Estaba máis cuerdo que Terminator. Era soldado. Soldado e poeta. Un tipo moi sensato. Calculador. Calculator. Todo o facía seguindo un fin claro. Xamais fixo nada fóra de lugar. Era todo esperable e ordenadiño na súa vida. Con todo, intentou levar a cabo algunha que outra proeza desesperada: liouse cunha mala muller, logo cun mal home e finalmente cun mal mastín. Todo para dar que falar sobre a súa tolemia. Pero nada. Seguía a ser do máis respectable no pobo. Morreu berrando que estaba tolo. Ninguén lle creu.

    Raúl: home, comprendo a túa desesperación. A min pasoume algo similar cunha canción de Mike Oldfield que levaba dende os 7 anos sen escoitar e andaba que arrabeaba por atopala.

    A serie do coelliño branco non sei cal é, sinto non poder axudarte. Se cadra, na páxina da TVG pódenche dar máis información se facilitas o ano de emisión. Hai un e-mail na páxina web da entidade: info@crtvg.es. Podes probar aí, a ver se hai sorte.

  4. Se cadra é porque para certas dimensións da vida fai falla flirtear co lado escuro. Iso sí, os sectores máis “cordos” da sociedade son os que puxan sen perdón a prol da sociedade enferma que habitamos. E non será que a sensibilidade de certa xente soamente se ve colapsada por un medio mentalmente doido per se?

    Desde logo que tanta precisión nas cifras é en simpática.

    El sueño de la razón produce monstruos…

  5. Si, reactio, levas razón. Os sectores máis cordos son os que crean patoloxías mentais: así que non me explico como non inclúen a psiquiatras, constructores de urbanizacións, alcaldes, corredores de bolsa e directivos do FMI nese absurdamente preciso estudo.

    Graciñas por ese pequeno mimo de luxo que supón deixar un comentario🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s