O domingo pasado na parte superior do pub La Cigale, no barrio de Gràcia, coñecín en vivo a unha desas persoas que só coñecía través da máquina. Agustín Calvo Galán. Fixo un amenísimo e dúas veces bo recital dos seus textos. El é o argallador do blog das Afinidades Electivas. Tendes o seu blog de poesía visual por aquí.
Foi el -fillo de turolense e ourensana que emigrou a Barcelona cando o seu pai negoulle uns zapatos- quen me falou de Segundo de Chomón. Turolense.
No tubo atopei algo de Segundo de Chomón. De 1907. Non sei se por sorte ou por desgraza, coloreado.
Un ilusionista de primeira, don Segundo.
Lembroume a aquel outro vídeo que circulara por internet hai un tempo. Claro que o segundo vídeo si é de xaponeses auténticos. Claro que a música do segundo [vídeo] non ten nada que facer comparada coa do vídeo de don Segundo. [Achtung: cota de xogos de palabras cuberta por hoxe].
Teña aquí unha ligazón ao youtube con Hotel eléctrico non coloreado:
Coido ademais que é moi sinxelo atopala nunha ferramenta prohibida con forma de asno, pero diso non direi nada en voz alta que igual anda alibabá e os corenta xestores de dereitos audiovisuais ao axexo.
Agradézocho, Danilo.
Non te preocupes: alibabá e mais os 40 xestores de dereitos audiovisuais non creo que perdan o tempo por aquí.
Espero.
Nunca se sabe… nunca se sabe…
Creo que el color se debe al propio Segundo de Chomón, que “inventó” una técnica artesanal para colorear fotograma a fotograma las películas.
Muchas gracias Estíbaliz, me encanta esa palabra… “argallador”, suena como a argonauta sumado a gallardo… algún día recuperaré mi lengua materna, me lo debo a mí mismo como “argallador” que soy.
bicos/petons
Agustín
Me encantan tus poemas
Por algures vin o “mmmm” como candidato ao mellor blog literario en galego. Gustoume a proposta.
É Literario o seu blog, Espinosa?. (Xa dixo vostede algo a ese respecto un día; pero dende aquela mudaría de impresión, ou?).
Chousa da Alcandra: Vaia. Parece coñecerme moito. Moito máis que eu a min mesma, que non son máis que o que os demais me din que son. Así que lle propoño que me aclare vostede as seguintes cuestións espinosas:
– é literario o meu blog? Por que? Que significa ser literario?
– que dixen a ese respecto un día?
– por que habería de ter mudado de impresión? Con respecto a que? A se este blog é ou non literario?
Desculpe, pero con frecuencia esquezo.Coido que ten vostede as ideas moito máis claras en todos eses temas. Iso pode ser de grande axuda, mil grazas.
Your site was extremely interesting, especially since I was searching for thoughts on this subject last Thursday.
I’m Out! 🙂