Que á tecnoloxía lle lembren que nace dun papel ou dun par de mans acendendo unha lumieira, emociónalle. É normal. A tecnoloxía ten o seu corazonciño.
É geek, a tecnoloxía. Polo tanto mal gusto sentimental tamén ten. A tecnoloxía.
O seu corazonciño.
Evelien Lohbeck é unha muller nova, holandesa, supoñemos que bonita, da terra do queixo [quitando Arzúa-Friol e o Cebreiro], estudante, enxeñosa e cunha obra accesible só polo de agora en internet. Fíxose coñecida pola súa curta Noteboek, pero ten máis obra seguindo ese ronsel ilusionista.
De Noteboek [Notebook en neerlandés, témome] dise que nela she blurs the line between what is real and what is not [vía Neatorama]. Opino que a cousa vai máis aló. Naturalmente, esa frase é aplicable a moitas obras de arte contemporáneas, dende Antonio López a Ron Mueck. Tamén eles parecen difuminar esa liña entre o que é real e o que non. Lohbeck, alén diso, devólvelle analoxía á tecnoloxía, devólvelle pobreza, materiais simples, bolis bic. A súa procura é outra: non só difuminar a fronteira real-imaxinario senón claramente posicionarse a favor do segundo no primeiro. A tecnoloxía nace da imaxinación, do que pasaría se [a máquina E se…? do profesor Farnsworth en Futurama]. Cunha tecnoloxía moi sofisticada por camuflada, Lohbeck devólvelle a esta un estatuto primixenio: toda industria nace do que fan dúas mans e un cerebro ansioso.
E quen non soñou con ter un caderno do que obter TODO? É tan marypoppins.
Nalgunhas páxinas web confúndena cun home. No viril eido tecnolóxico iso é todo un afago.
Dúas fantasías evelianas máis:
http://www.youtube.com/watch?v=0gs7l1mxduM&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=hquXra6WJA0&feature=channel_page
Graciñas, I.
Gustame moite te blog ..teu eres una geek das letras 😀 teñes o que os geek temos amor por as cousas que facemos ..
Bicos
graciñas