k. neves

stevemcqueen

Xa na primeira vez que baixei ao Condado coñecín a Kiko Neves. Un día, tempo despois, mandoume os seus centoonce por mail, antes de se publicaren.

Poucas veces vin a alguén recitar con tanto carisma, ou mellor rotundidade,  como el o fai. Lembreino este ano, cando escoitei a Roger Wolfe en Córdoba.

Merquei Un baile de moscas. Apureino talvez a primeiros do 2003. Pero faltoume algo. El. A Neves hai que velo. Debería xuntar un holograma cos seus libros. Un holograma que nos recite como o fai el e que pase por nós as páxinas do libro.

Cando me adentraba soa no bosque de internet cun tarriño de mel,  a súa era unha das primeiras páxinas que visitaba. Durante algún tempo foi así. Era como ver un fósil de algo que coñeciches trasantonte. Unha páxina que, misteriosamente, remataba no ano 98. Eu coñecino anos despois.

Nin o mundo nin eu nin as altas esferas poéticas estabamos preparados aquel día en Salvaterra de Miño, convivindo cunha calor monzónica, para sentir recitar a Kiko Neves, revirado, lascado, insinuante, clarísimo, burlón, indignantemente belo. Desposuído da noción da súa propia beleza. Cuspindo.

A seguir algúns dos textos do seu libro centoonce, publicado por Xerais no 2005, un baile de dous, de tres, de fastío, de comunicación, engano, desengano, facturas probablemente telefónicas, amores maiúsculos arrastrados por baixo das minúsculas, tendidos alí, na escuridade, coma as patacas:

12.

principias unha conversa

e todo está ben

moi ben

e logo o sexo

e segue a conversa

para ter máis sexo

e segue o sexo

para ter máis conversa

ata as cousas

máis profundas

son así de simples

así de baleiras

16.

estás lonxe

sempre estarás lonxe

dixeches

ceibaremos os nosos segredos

aos setenta anos

por iso cada vez que nos vemos

dun ano para outro

dis que parezo un vello

cada vez que estou contigo

teño setenta anos

31.

sento ao pé da autovía

e vexo pasar carros

embalados

á velocidade da rutina

non é canso

nin aburrido

é

un desespero

absoluto

32.

chameite esta noite

falamos

e díxenche tantas cousas

que só fun quen

de pronunciar

o dez por cento

34.

dúas horas

estiven unha noite

dúas horas

fitando os meus ollos

nun espello

nada

só estiven esas dúas horas

alí

observando

nada máis

42.

dende o máis fondo

do buraco

todas as miserias

son coma estrelas no ceo

55.

porque gusto de falar

cústame máis

preferiría utilizar un guión

previo

antes de me enfrontar a alguén

ou a un grupo de xente

non soporto dicir

todas esas parvadas

que dan pé ao principio de calquera conversa

cun guión previo

repartiría os roles

definiría os personaxes

e coñecería o remate

70.

ela quere máis

e respondo que teño sono

e non durmo

109.

ti

do outro lado

na cama

espida

eu

aquí

tamén

apertadiño ao teléfono

sempre

3 pensamentos sobre “k. neves

  1. non coñecía este poeta e gustoume…..a ti sígote desde hai xa moito tempo. este blog é dos mellores en galego a pesar de ou porque tú eres ás veces un pouco satírica

    espero que non te moleste o comentario. un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: